Grandes citas na primeira #AxendaCostadaMorte do mes de maio

06:10 06/05/16

- Muros continúa esta fin de semana coa X mostra de teatro Xosé Agrelo. Hoxe, ás 21:30 horas, Debullando Teatro de Negreira interpretará a súa obra "Oldtown". E para mañá sábado, función dobre. Ás 18 horas os Monicreques de Kukas chegan con "Xan Perillán" e ás 21:30 horas os espectadores poderán ver "Teimas" de Disfunción Continua Teatro.
- I Mostra de Teatro Afecionado de Zas. Mañá, ás 21 horas, o auditorio de Zas acolle a obra de teatro "Falando de Cartos", intepretada por Teatro Atlántida de Matamá de Vigo. A función é gratuita e para todos os públicos.
- A maxia chega mañá á casa da Cultura de Vimianzo da man de Creacións Máxicas Audiovisuais que fará o seu espectáculo "Onde está o mago Antón?". Con esta actuación quedará inagurado o ciclo "Maio Persoeiro" que se inclúe dentro da programación cultural do concello vimiancés. A cita comeza ás 21 horas.
- Santa Irene (Vimianzo) está de festa dende hoxe ata o domingo. A partir das 20 horas de hoxe haberá "orella á feira" de balde que dará paso á orquestra Ledicia e o Grupo D’Moda. Mañá a festa comezará coa misa solemne ás 12 horas na capela na honra a Santa Eylena. A sesión vermú será coa Foliada de Salto, e o grupo Jalea Real. E pola noite verbena coa Canadá e o grupo Super-T.Para o domingo, e trala misa ás 14 horasna honra á Virxe das Neves, toca sesión vermú con Jalea Real.
- Tamén na parroquia vimiancesa de Serramo honra este sábado á súa patrona, Santa Cruz. As orquestas Triunfo e Alkar encargaranse de amenizar a verbena.
- En A Rabadeira - Coristanco - celebran dende onte e ata mañá as festas de Santa Ana por todo o alto. Tres días de verbeneo animados coas mellores orquestas.
- A parroquia coristanquesa de Xaviña celebra as súas festas mañá e o domingo a golpe de música de orquesta.
- O programa de Andainas Coñece a Costa da Morte aterriza este sábado en Muxía. Os participantes percorrerán, de xeito lineal, o tramo que discorre entre Nemiña e as Caldeiras do Castro.
- Senda Nova chega ata Zas co seu programa de sendeirsmo "Primavera en ruta" que xa vai pola sétima edición. Este roteiro, de 19 quilómetros de distancia e de dificultade media, percorrerá as terras altas da comarca de Soneira. Haberá dúas variantes, unha das cales é apta para persoas en cadeira de rodas.
- Mostra sobre a imprenta en Muxía. Hoxe é o último día para esta mostra sobre a historia da imprenta que percorre dende 4000 anos Antes de Cristo ata o 1985 dun xeito moi didáctico.
- "A arte do Camiño" no Faro Fisterra. Hoxe, ás 12 horas terá lugar na sala de exposicións do faro de Fisterra a inauguración da mostra “A Arte do Camiño” de Kari Gale. A exposición poderase ver ata o 31 de maio e o horario é de luns a domingo, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- O Monte Pindo será este domingo o escenario das xornadas Xeolodía 16. Os participantes realizarán unha ruta polo macizo granítico guiada por xeólogos de todo o territorio nacional. O punto de encontro é ás 9 horas diante da casa do concello de Carnota.
- XIV Día do Ritmo "Costa Bergantiñá" en Cabana de Bergantiños. O pavillón municipal de Cabana acolle hoxe a partir das 18 horas o día do Ritmo no que haberá un primeiro pase de ximnasia rítmica, coa participación das escolas deportivas municipais de Cabana e Malpica de Bergantiños e despois tocaralle a quenda a patinaxe artística, coa participación das escolas deportivas municipais de Cabana, Laxe, Malpica e Ponteceso e da Agrupación Deportiva de Coristanco. Tamén se contará coa actuación especial da Escola de Danza de Ponteceso, un total de 296 participantes da zona de Bergantiños.
- Ruta das Tapas en Santa Comba: Do 6 ao 22 de maio varios locais hosteleiros de Santa Comba entran na "VI Ruta das Tapas" que este ano trae como novidade o I concurso da Tortilla.
- Comida da Fía. A partir das 13 horas dara comida a tradicional Comida da Fía onde non faltará a demostración en vivo dos traballos da fía, un desfile e música.
- Baio ten a Pelota. O sector comercial e hosteleiro de Baio celebran esta fin de semana - de venres a domingo - unha campaña promocional na que haberá descontos, pinchos e premios.
- Redacción QPC ([email protected])