sábado. 03.05.2025
El tiempo

Luar na Lubre e Birimbao encabezan o FestiFolk Costa da Morte, unha homenaxe á Gaita galega

Luar na Lubre e Birimbao encabezan o FestiFolk Costa da Morte, unha homenaxe á Gaita galega
Luar na Lubre e Birimbao no Festifolk Costa da Morte

En marcha o “Festifolk Costa da Morte”, un festival de música tradicional galega que contará coa presenza de Luar na Lubre e Birimbao que terá lugar o sábado 20 de xuño en Carballo.

O proxecto, iniciativa do Concello e La Voz de Galicia, que nace para reivindicar a gaita, o instrumento máis característico da nosa bisbarra. De aí que a idea sexa xuntar ao maior número de gaiteiros para facer un roteiro musical, un desfile de gaiteiros polas rúas carballesas.

Programa do Festifolk

O desfile arrincará ás 16:00h. Un defile que arrincará na rúa Gran Vía entonando a Muiñeira de Lugo, para pasar á rúa Doctor Fleming e Vázquez de Parga (estación de autobuses) tocando conxuntamente o Pasodoble de Pastoriza, e xa desde a Estación de Trolebuses-Praza de Galicia-Rúa Coruña-Praza, tocaranse Buxos verdes. Para rematar, na Praza do Concello volveranse a interpretar as mesmas pezas, na mesma orde, e rematarase co Himno do Antigo Reino de Galiza.

Ao remate do desfile, ás 18:30h na Praza do Concello, entrega do premio ao Gaiteiro do Festifolk. A continuación, todos os gaiteiros interpretarán de novo os tres temas realizados no desfile e, para finalizar, a marcha do Antigo Reino de Galicia.

Xa ás 22:00h arrincará o Festival nocturno coa Actuación de Birimbao, que dará paso ao gran Concerto de Luar na Lubre, que presentará a súa obra Torre de Breogán.

Novas relaciondas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios