Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Máis de 12.000 persoas gozaron as propostas do Verán Cultural carballés

Máis de 12.000 persoas gozaron as propostas do Verán Cultural carballés
Actividade desenvolta na Praza dos Libros de Carballo Actividade desenvolta na Praza dos Libros de Carballo

Gran programa este do Verán Cultural do Concello de Carballo. Durante os meses de xullo e agosto, a música, o circo, a maxia, o baile, o cine, o teatro, as exposicións e a literatura converteron a Praza do Concello no gran centro cultural da Costa da Morte e no punto de encontro de máis de 6.000 persoas, unha cifra que se duplica se engadimos a amplísima participación deste ano na Praza dos Libros.

Gran atención recibiron as citas musicais, coas actuacións de aristas como Capercaillie, María do Ceo, Roi Casal, Guadi Galego, Pablo Díaz, Budiño ou Mercedes Peón. O tempo axudou moito e só o de Guadi Galego se tivo que mover a un ateigado Pazo da Cultura pola chuvia.

O cine foi percorrendo os barrios e mesmo as parroquias con máis de 20 proxeccións.

E que dicir da sempre exitosa Praza dos Libros, que cambiou as datas de celebración para primeiros de xullo, pero que rexistrou grandes cifras, con preto de 1.300 exemplares vendidos e unha altísima participación nas presentacións literarias e nas actividades paralelas programadas.

Fonte

Comentarios