Máis de 1500 persoas participan nas distintas actividades do Inverno Ancestral de Senda Nova
07:12 21/02/17
As Historias de Inverno percorreron oito parroquias das comarcas de Bergantiños e Soneira
A asociación ecoloxista Senda Nova vén de pechar o seu programa de Inverno Ancestral no que participaron máis de 1500 persoas que se repartiron entre as 13 actividades realizadas. Así, con este este éxito de participación, a entidade dá por cumprido o obxectivo do programa: traballar pola memoria do patrimonio inmaterial . O repaso polo programa que comezou o 11 de decembro dende a presentación en Oza a través do magosto e dende aí despexou ata unha boa parte das comarcas de Bergantiños e Soneira.
As Historias de Inverno convertéronse no eixo deste 4º Inverno Ancestral. Os faladoiros chegaron nesta edición a sete novos lugares da bisbarra. Berdillo, Loroño, Sísamo, Buño, Carnés, Vilaño e Couso representaron esta terceira xeira de faladoiros aos que se uniu a actividade excepcional que achegou a Oza as historias de Moldavia. Oito faladoiros e sete parroquias da bisbarra representadas para outras tantas actividades, que conseguiron xuntar a 200 persoas repartidas polo inverno de Bergantiños e Soneira. Interesante e emocionante foi, ademais, as xuntanzas de maiores e a memoria grupal nas actividades, mostrando un non menos rico, apartado de preguntas e comentarios no que foi a prórroga de cada un dos faladoiros. Foi e é, un dos maiores motores para o mantemento e potenciación destas actividades, e dos obxectivos precisos. Entre outros, poñer en valor a memoria local, xuntar as persoas da parroquia, dinamizar os centros sociais e aprender a afrontar conductas da vida, dende valoración da experiencia dos nosos maiores.
O Apalpador
O Apalpador visitou a comarca durante o pasado Nadal grazas ás xestións de Senda Nova
Dentro desta cuarta edición do Inverno Ancestral enmarcarsou tamén a visita do Apalpador; esa figura do Courel recuperada do pasado e que cada vez ten un maior oco na comarca. Ademais, é unha figura coa Senda Nova se sinte caracterizada xa que trasmite o amorpolo máis achegado, pola natureza, polo consumo responsable, os xoguetes tradicionais,...
A exposición "Apalpador Imaxinado" inaugurouna o pasado nadal o propio carboeiro e levou os murais de nenos e nenas dos centros de ensino á biblioteca Rego da Balsa de Carballo. O personaxe visitou a máis de 600 nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria, coas claras mensaxes incorporadas a través xa de varios anos de percorridos por colexios e escolas rurais de Bergantiños.
E, coma sempre e antes de regresar ao Courel, baixa das montañas de Pico de Meda cara o local social de Carreira, para gozar dunha tarde onde, os máis pequenos, son os protagonistas e onde a baixada nocturna, a névoa, e o mítico entorno da parroquia de Zas, fan protagonista un acto cos xoguetes que o Apalpador trae. En Oza, como tamén manda a tradición, os máis novos desfrutaron dos xogos e dos xoguetes.
Novas relacionadas
- Senda Nova pechou as Historias de Inverno con sabor a wolfram
- Bergantiños, un pouco máis preto de Moldavia.
- Cheo para escoitar as Historias de Inverno organizadas por Senda Nova en Vilaño.
- Carnés repasa o seu pasado coas Historias de Inverno de Senda Nova
- Arranca a quinta edición do Outono en Marcha de Senda Nova
- Senda Nova presenta a quinta edición do Outono en Marcha
- Carballo e Senda Nova, os únicos costeiros que se mollan polos ríos
- A natureza e o asociacionismo danse da man nas xornadas Abrindo Camiño de Senda Nova
- Xan Fernández Carrera inaugura as xornadas Abrindo Camiño de Senda Nova
- Senda Nova, 10 anos Abrindo o Camiño da ecoloxía e o patrimonio
- Unha expedición de mozos de Senda Nova, de viaxe ambiental a Eslovaquia.
- Máis de 200 persoas participan nas xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova.
- Redacción QPC ([email protected])
- Senda Nova