Máis de 60 aldeas esmorecen abandonadas na Costa da Morte


Levavamos tempo buscando un mapa das aldeas abandonadas da Costa da Morte. E estes días atopámolo nun dos blogues máis influíntes do país vén de publicalo. Calidonia, de Carlos Neira, acaba de sacar un mapa con 3.000 lugares en toda Galicia que teñen entre 0 e 2 habitantes, case un 10% das entidades singulares de poboación do país. A cifra sobe ata os máis de 300 se contamos lugares con menos de 10 habitantes, dando conta da dispersión intrínseca da nosa sociedade.

Delas, a través do mapa, descubrimos unhas 60 aldeas abandonadas (ou a piques de) na Costa da Morte. E se cadra aínda hai algunha que escapou da conta, e senón que llo pregunten a Traski que a través do seu Camiño dos Faros ten atopado ducias, como vemos nesta foto de Candelago, aldea de Corme no que sobrevive unha soa persoa, pero que non está recollido no mapa.
Xa nos falaran dun lugar en Esteiro, Marselle, doutro preto de Muros, Sestaio; da Teixoeira en Dumbría; ou de Vilarbello, Aboi ou Vilela en Muxía. No mapa de Calidonia podedes ir mirando a ubicación e os topónimos (e que tesouros lingüísticos) das aldeas con 2 habitantes ou menos, que xa traemos aquí:
- Malpica:
- Illas Sisargas.
- Os Barreiros.
- Bocelo. - Carballo:
- Vilar de Suso.
- Ballota.
- O Reboredo.
- A Corredoira.
- Picoto.
- A Fraga.
- Gastrar.
- A Férveda.
- A Areosa.
- O Porto Covo.
- O Piñeiro da Alta. - Coristanco
- A Ribela. - Ponteceso:
- A Pontedona.
- Arbadón. - Cabana:
- Xabarido.
- Cruces.
- As Almas.
- Baralláns.
- Teixedo.
- A Coviña.
- A Esmorisa.
- Soutochán.
- As Fontiñas.
- A Galiñeira.
- Boancho.
- Augarrei. - Laxe:
- Penelas.
- As Casas Novas. - Zas:
- Casas Novas.
- Cotón do Muíño.
- A Toxa.
- Loroño.
- Arcar.
- Maxín. - Vimianzo:
- Cambeda. - Camariñas:
- A Cancela.
- O Cotarino.
- Lago.
- O Cabo Vilán. - Muxía:
- Vilela.
- A Penela.
- Aboi.
- Vilarvello.
- A Toxeira.
- A Casa do Monte.
- O Campelo. - Dumbría:
- Prado.
- Vilar.
- As Teixoeiras. - Mazaricos:
- O Furiño.
- O Lugariño.
. - Fisterra:
- O Cabo. - Carnota:
- Fetós. - Muros:
- Marselle.
- A Laxe.
- O Portiño. - Outes:
- Sande de Arriba.
- Lucil.
- Tornil.
- O Curro.
- O Formigueiro.
- Riba da Fonte.
Máis información
- Calidonia: Aldeas deshabitadas de Galicia.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).