Venres. 19.04.2024
El tiempo

Máis de mil espectáculos optan xa á Rede Cultural da Deputación

Máis de mil espectáculos optan xa á Rede Cultural da Deputación
  O espectáculo Animundis incluíuse durante o ano pasado na Rede Cultural da Deputación O espectáculo Animundis incluíuse durante o ano pasado na Rede Cultural da Deputación A unha semana de que remate o prazo de inscrición, que será o vindeiro 12 de febreiro, máis de mil espectáculos, profesionais e non profesionais, optan xa a participar na Rede Cultural da Deputación da Coruña. Desde o servizo de Cultura calculan que, finalmente, serán máis de dúas mil as propostas que se presenten aos circuítos culturais que buscan programar actividades culturais en todos os concellos da provincia. A Rede Cultural experimenta nesta nova edición un incremento dun 30% do seu orzamento que ascende a 1.400.000 €. “O número de propostas que se están a recibir dá conta do dinamismo do sector cultural e da relevancia da Rede á hora de conseguir incrementar a contratación de espectáculos en todo o territorio. A rede é un balón de osíxeno tanto para o sector como para a poboación que pode acceder a actividades culturais e supón unha oferta cultural de proximidade e de calidade”, explica a vicepresidenta da Deputación e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei. Garantir o acceso á cultura de toda a poboación e de  reforzar a presenza da cultura nos concellos pequenos e nas entidades son algúns dos obxectivos da Rede Cultural na que participan compañías e iniciativas profesionais e non profesionais. Nesta nova edición, o cinema incorpórase ao abano de propostas nas que se inclúe música, artes escénicas e títeres e danza, o cinema incorpórase ao abano de programación ofertada no circuíto da Deputación da Coruña. Novidade é tamén a inclusión nos criterios de valoración a promoción da lingua galega e o fomento da igualdade de xénero nos espectáculos. Novas relacionadas Fonte

Comentarios