domingo. 11.05.2025
El tiempo

Manuel Rivas e Paco Souto, protagonistas da Praza dos Libros

Manuel Rivas e Paco Souto, protagonistas da Praza dos Libros
Cartel Praza dos Libros carallo 2017 Chea de Costa da Morte chega este ano a proposta da Praza dos LIbros que organiza o Concello de Carballo do 6 ao 9 de xullo. Empezando polo pregoeiro, Manuel Rivas. E rematando polo protagonista do último acto da Praza dos Libros, o poeta, político, percebeiro e axitador cultural Paco Souto, que recibirá unha homenaxe na que terán cabida a poesía, a música e as artes plásticas. “Atesourando a palabra” reunirá a moitas amigas e amigos de Paco Souto nunha lembranza colectiva prevista para o día 9 ás 21 horas. Moncho Tasende, d o sector libreiro, explicou: “Imos experimentar coa data, pero penso que é unha data boa, porque xa hai moita xente de fóra, e é unha oportunidade para dar a coñecer a gran cantidade de obra nova que sae cada ano en Bergantiños e na Costa da Morte”, explicou. Ao lema “Un libro, un pan” engadirase “e unha lata”, un motivo máis, polo tanto, para acudir á Praza dos Libros de Carballo. Tanto o representante dos libreiros como os do Concello agradeceron a colaboración da Fundación Luis Calvo.

Programa

A Praza dos Libros estará aberta de 11 a 14 e de 18 a 22 horas no Xardín Municipal, con descontos do 10% e con sorteos diarios de libros. Entre o pregón de Manuel Rivas e a homenaxe a Paco Souto desenvolveranse catro xornadas de actividades para todos os públicos e que van moito máis alá da literatura. Todos os días haberá actividades para nenas e nenos, o sábado 8 realizarase unha ruta guiada polos proxectos de arte urbana de Carballo, o domingo haberá sesión vermú con MJ Pérez, os artistas da zona exporán e venderán artesanía, fanzines ou cerámica, e o sábado 8 a partir das 20 horas terá lugar o Festifolk, este ano coa banda escocesa Capercaille como prato forte. Entre os autores e autoras que pasarán pola Praza dos Libros estarán Xan Fernández Carrera, Suso Lista, Alberto Varela Ferreiro, Xosé María Lema, Fernando Cabeza pai e fillo, Rosalía Fernández Rial, Diana Varela Puñal, Héctor Pose, Manuel Rey Xan Fraga e Modesto Fraga. E ademais o venres 7 recibiremos a Xabier Maceiras para presentarnos unha nova publicación do Concello de Carballo, “Contos mariños”. Haberá, polo tanto, moitos autores e moitos libros, que nos achegarán as librerías Á lus do candil (Arteixo), Brañas Verdes (Carballo), Ler (Carballo), Roget (Vimianzo), Teldy (Carballo), Trasgo (Carballo). E ademais contaremos con banda deseñada e novela gráfica en galego de Demo Editorial e coas coidadas edicións musicais de Prenom. Programa Praza dos Libros Carballo 2017 - 2

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios