Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Miro Villar espallou os seus haikus do Finisterrae Bretón pola costa ártabra

Miro Villar espallou os seus haikus do Finisterrae Bretón pola costa ártabra
Lema Suarez fixo o limiar e a presentación ao seu amigo Miro Villar na Lus do Candil

Encantador o ambiente na A Lus do Candil, a libraría que os fisterráns Alba e Modesto Fraga rexentan en Arteixo, para acoller a presentación do libro do escritor ceense Miro Villar, titulado "Breizh". Un libro que xa está nomeado aos premios Ánxel Casal, e que espalla as vivencias do poeta pola Bretaña Francesa de 3 en 3 versos.

Así son os haikus de Miro e así os mira Xosé María Lema Suárez, encargado do limiar do libro e ademais de facerlle a presentación ante o selecto público. I é que entre os asistentes ao acto estaban caras coñecidas da cultura galega e da Costa da Morte como Luís Lamela, Rosalía Fernández Rial, Manolo Suarez, Francisco Souto ou Xan Fernández Carrera, entre outros.

Agradable ambiente na Lus do Candil

Miro Villar falou longo e tendido do proceso creativo que inspirou esta nova obra da súa autoría, escrita utilizando a modalidade literaria dos "haiku" xaponeses, e relatou ademais a experiencia da viaxe realizada co SEMESCOM ás terras da Bretaña, que deron orixe ao libro.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios