Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Miro Villar leva os seus haikus bretóns aos premios Ánxel Casal

Miro Villar leva os seus haikus bretóns aos premios Ánxel Casal
Breizh o novo libro de haikus de Miro Villar

Precisamente esta semana Xosé María Lema nos falaba dos haikus de Miro Villar. E hoxe sabemos que o seu poemario Breizh, editado por Toxosoutos, figura na listaxe de libros finalistas dos Premios da Edición 2012, en concreto na categoría Premio Ánxel Casal ao Libro de Poesía ou Teatro.

Xa hai tempo que repasabamos 7 dos haikus do libro dende o outro Finisterrae, cando este libro estaba en proceso de creación. Un libro que recolle paisaxes, imaxes, momentos... dunha viaxe á Bretaña Francesa. I é que precisamente os haikus, a forma poética máis típica no Xapón, simbolizan eses detalles de natureza, sen máis trampa que o que poidan dicir os 3 versos de 5, 7 e 5 sílabas.

Hoxe xa está na rúa e segue dando que falar. Emisoras e xornais de todo o país falan con el estes dáis para coñecer un pouco o por que desta proposta. E para os que queiran seguir máis de preto os pasos do poeta ceense, fáganse siareiro dun dos mellores blogues do país: As Crebas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios