xoves. 08.05.2025
El tiempo

Nace Digalego, un completo dicionario de galego en Internet

Nace Digalego, un completo dicionario de galego en Internet
Digalego conta con máis de 65.000 entradas en galego Digalego conta con máis de 65.000 entradas en galego A editorial IrIndo acaba de poñer en marcha Digalego; un completo diccionario de galego en Intenet e que conta con 65.000 entradas. Esta obra, de acceso gratuito, é unha das máis completas e actualizadas no mercado lexicográfico galego. A iniciativa é posible grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que fixo posible que esta obra, á que a coñecida editorial lle dedicou máis de 20 anos de traballo e investigación, pase a ser propiedade da Administración autonómica. O conselleiro, Román Rodríguez, a directora da Amtega, Mar Pereira, e o editor de Ir Indo, Bieito Ledo; presentaron o proxecto esta semana nunha rolda de prensa, na que se resaltou o carácter de servizo público desta iniciativa. Neste sentido, o titular do departamento de Cultura e Educación da Xunta de Galicia sinalou que a publicación do Digalego persegue, en primeiro lugar, ofertar o acceso a esta ferramenta aos colectivos que a necesiten para o desenvolvemento do seu labor profesional, facilitando o uso correcto do galego na súa actividade diaria a empresas e sectores produtivos. "É dicir favorecemos a presenza do galego no tecido empresarial e profesional -dixo-, tal e como estamos comprometidos a facelo a través do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico". Román Rodríguez salientou que o Plan xa foi presentado diante do Parlamento de Galicia e que ten entre os seus obxectivos crear conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións laborais, comerciais e bancarias; ou estender o uso da lingua galega nas relacións laborais, comerciais e empresariais. Como segundo obxectivo da publicación en aberto do Digalego, o conselleiro subliñou a proxección exterior do galego e a súa difusión internacional. Neste sentido, e dado que o dicionario ofrece equivalencias en portugués, castelán, inglés, francés, italiano, chinés e alemán, facilítase que os falantes de todas esas linguas poidan aprender galego a través dun recurso gratuíto ao que se accede desde calquera punto do mundo a través da internet. "Existen centros de estudos galegos en 13 países, nos que centos de persoas estudan a lingua propia de Galicia", explicou, sinalando o amplo interese que existe polo coñecemento da nosa lingua, "que agora será máis doado a través desta ferramenta". O diccionario Cabe salientar finalmente que, con máis de 65.000 entradas, o Digalego segue as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xullo de 2003, e toma como base léxica o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa). Respecto das súas utilidades cómpre destacar que desenvolve todos os verbos coa súa conxugación, ademais de considerar como entradas todas as formas verbais, e que recolle tamén (baixo o epígrafe “Repertorio de formas incorrectas”) unha serie de voces non admitidas en galego (castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos etc.), que remiten á súa forma correcta. Tamén destaca o feito de que se poden buscar palabras partindo de entradas en portugués, castelán, inglés, alemán, francés e italiano e que mostra equivalencias neses mesmo idiomas ademais de en chinés. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Amtega
 

Comentarios