O Acontecer ou a dificultade de manterse vivo
Hai un par de meses, no marco das Xornadas sobre sostibilidade xornalística nas que o Consello da Cultura Galega situaba QPC como un exemplo dos micromedios que collen pulo na Internet galega, lembrabamos aquela experiencia xornalística costeira chamada ”O Acontecer”. Un semanario, en papel, que nacía en setembro de 2007 pero que non chegaba nin a cumprir un ano de vida.
Para un proxecto como QPC, que este 2017 cumplirá 10 anos, faise importante mirar atrás e analizar coo se presenta o futuro.
Unha das cousas nas que sempre incidimos é a importancia de comezar os proxectos polos cimentos. E nese sentido, o noso cremento dentro da empresa Galinus durante 7 anos, compaxinando labores, permitiu unha sostibilidade económica fundamental.
Contraponse este formato con outros proxectos que comezaron moi arriba, e que caeron pronto. Moitos lembran o pasamento do Xornal en agosto de 2011, ese diario que pasara da rede ao papel en 2008 coa intención de competir con La Voz, e co amparon do Bipartito.
Presentación do semanario da Costa da Morte O Acontecer en xuño de 2007 coa súa directora Ana Valín, o entón alcalde de Ponteceso Fondo Aguiar, o alcalde carballés Evencio Ferrero, o entón alcalde de Laxe Antón Carracedo, e o agora Director Xeral de Ordenación de Montes da Xunta Tomás Fernandez-CoutoPola zona lembramos “O Acontecer”, un semanario no que ademais tivemos boa participación pois ademais de compartir moitos contidos, participabamos cunha columna de opinión asinada por Ubaldo Cerqueiro. A presentación tivera lugar en setembro de 2007, baseado no apoio dunha construtora, Elite, e ao cun forte apoio institucional. Un proxecto que nacía con 3 traballadores ademais dun fotógrafo que ben coñecemos pola zona. Un proxecto que, lamentablemente para a comarca, non se puido manter no tempo. O verán de 2008 deixaba de aparecer nos quioscos e bares.
De aí a nosa reflexión sobre a supervivencia, mentres vemos como a Xunta deu este ano, por promover o galego nos medios, máis de 1 millón de € a La Voz e ao Faro, polos 3.400€ que lles deu a toda a prensa dixital en galego. Así faise moi difícil, pero nós, seguiremos a golpe de click.
Novas relacionadas
- Novembro 2016: QPC, exemplo dos micromedios que collen pulo na Internet galega.
- Agosto 2016: QPC, 9 anos creando unha Comunidade arredor da Costa da Morte.
- Setembro 2007: Nace O Acontecer, un novo semanario da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).