“Eran elas”, os contos de mulleres que Avelino González trae este sábado a Muxía
09:43 28/11/25
Este sábado 29 de novembro o actor e cómico Avelino González leva a Muxía, no Edificio de Usos Múltiples, ás 20:00 hs o espectáculo “Eran elas”.
Unha sesión de contos de mulleres. Contos tradicionais que parecen contemporáneos e contos contemporáneos que parecen tradicionais; mentiras que parecen verdade e verdades que... parece mentira!
A universidade, os pantalóns, o baile, os infartos, a fregona… Cousas que en realidade foron creadas por elas, pero que quedaron no esquecemento.


