luns. 24.11.2025
El tiempo

2ª FUTGAL: Igualdade máxima

Doro e Mariolo co arbitro Manuel Castro Mouzo-Foto-Parker
Doro e Mariolo co arbitro Manuel Castro Mouzo nun dos partidazos da semana-Foto-Parker
2ª FUTGAL: Igualdade máxima

Perdía o líder, o Malpica, cun dos de abaixo; o segundo, o Baio, non pasaba do empate con outro dos da zona perigosa; o que sumado ás vitorias, sufridas de Xallas e San Lorenzo ante Porteño e Ponteceso en sendos partidazos, provoca que o alto da táboa volva estar apretadísimo. Segue o Malpica no liderato, cun punto sobre Xallas e San Lorenzo e 2 sobre o cadro baiés.

Pero a cousa tamén está igualada por abaixo. Se ben preocupa o Soneira, afundido no fondo da táboa e perdendo por goleada na casa, os 6 seguintes equipos están nun pano de 2 puntos.

San Lorenzo - Ponteceso (4-2)

  • San Lorenzo: Javi Souto, Lozano, Alberto Campos, Pablo Garrido, Diego Varela, Pape, Alex Vázquez, Hugo Pereiro, Alex Taibo, Iago e Javi Pérez.
  • Ponteceso: Darío, Ures, Cotelo, Pedro, Luca, Dani Rod., David Lema, Javi Souto, Iván Rod, Neira e Mendieta. Tamén: Damián, Eloy Álvarez, Dani Castro, Hugo Veiga e Mario.
  • Goles: 1-0, m.11: Diego Varela; 2-0, m.23: Javi Pérez; 3-0, m.37: Diego Varela; 3-1, m.51: Eloy Álvarez; 3-2, m.56: Eloy Álvarez; 4-2,m.70: Javi Souto de penalti.

San Lorenzo e Ponteceso dabanse cita no campo das Pedreiras nun partido marcado polo estado do céspede. Non obstante, os locais, máis acostumados ao campo mostraron unha actitude e unha predispoñibilidade que faltou no equipo visitante. Pronto adelantaría ao SanLo cunha gran xogada pola banda esquerda de Diego Varela que definía raso cruzado ante a estirada de Darío. Minutos despois, nunha xogada pola banda dereita Javi Pérez logrou encontrar novamente a portería pondaliana despois dunha sucesión de rebotes. Por último, nun bo roubo de Pape permitiulle quedar nun man a man que Darío bloqueou pero o rexeite quedaría desafortunadamente para os pontecesanos a merced de Diego, que só tivo que empurrala. 3 - 0 chegaba o equipo de Jorge Guillamet, sendo incapaces de aplacar o xogo directo e a balón parado do equipo carballés.

Na segunda metade, a arenga do entrenador coruñés logrou que o Ponteceso chegase máis a meta contraria, logrando Eloy Álvarez un doblete en poucos minutos en sendos balóns ás costas (un deles moi protestado pola parroquia carballesa) que meteron o medo ao San Lorenzo e deixaron o partido máis que aberto a un valioso empate. Desafortunadamente para os pondalianos, un penalti frouxo a favor dos locais convertido por Javi rematou coas esperanzas do Ponteceso. Desta forma o Ponteceso queda na mitade da taboa mentres que o San Lorenzo áupase a terceira posición e a un punto do líder despois do pinchazo malpicán.

Mazaricos - Baio (1-1)

  • Mazaricos: París, Luís Mayán, Borja, Samu Blanco, Chumiko, Sergio, Álvaro, Marcos, Steven, Raúl e Molinos. Tamén: Kevin, Samu Lema, Yeray, Yago Dosil e Alex Calvo.
  • Baio: Julián, Bruno, Norberto, Pazos, Fernando, Gabin, Mamadou, Miguel, Carreira, Manu Vila, Alex Muíño. Tamén: Yago, Pablo Rod., Josiño, Lucas e Chechi.
  • Goles: 0-1, m.72: Pazos; 1-1, m.91: Borja.

Igualadísimo partido entre un dos de arriba e un dos de abaixo que define moi ben como está a categoría. O cadro de Lobelos fixo un partido moi serio no Peña de Ouro, pero se atopou cun Mazaricos de Raúl Periscal que permitía que o rival tivese o balón, tendo algunha chegada illada por medio de Alex, e algún tiro que non blocou París pero sen demasiado perigo. Na outra área, Julián volvía tras moito tempo fóra dos terreos de xogo, apenas tivo traballo.

Comezaba a segunda metade, moi frío, con moitas interrupcións, pero con algunha chegada de Fer, Alex, e Pazos, ou outra clarísima entre Fer, Alex e Mamadou que non acaban de materializar. Foi noutra menos clara cando Pazos abre o marcador, pouco antes de Lucas marrase un man a man que salva París. Aí espabila o Mazaricos, que empeza a apretar moito, con máis corazón que cabeza. Chumiko pesca unha volea case sen ángulo que para Julián, pouco antes de que no 91, unha falta centrada dende o medio campo provocase o tanto do empate para os amarelos.

Zas - Monte Louro (2-1)

11 do Sporting Zas ante o Monte Louro_Foto-Sp
11 do Sporting Zas ante o Monte Louro_Foto-Sp
  • Zas: Guille, Anxo, Moha, Adri Rama, Juan Touriñán, Joel, Fran, Álvaro, Redondo, Estefan e Salah. Tamén: Pereiras, Mauro, Ronny, Martín Novo e Adrián.
  • Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Oscar Fari, David Paus, Rodri, Adrián, Flavio, Manu de Yi, Javi, Xián, Iker. Tamen: Xacobo, Abel, Jose, David Lestón e Martín.
  • Goles: 1-0, m.66: Salah de penalti; 1-1, m.87: Javi; 2-1, m.88: Redondo.
Zas-Monte Louro-Foto-Sp 2
Zas-Monte Louro-Foto-Sp 

Partido no que os dous equipos chegaban con certas urxencias despois das últimas derrotas. A primeira metade tivo un guión claro: o Zas levou o peso do xogo e mantivo o control do balón, mentres o Montelouro esperaba atrás buscando contragolpear cos seus homes máis adiantados. Pero foi un primeiro tempo trabado sen grandes ocasións. O único momento quente foi un gol anulado ao Zas por unha falta previa moi discutida no cadro local.

A segunda parte abriu por completo o partido. Comezaba mellor o cadro de Bibi que vía como lle anulaban un gol, pouco antes de que Salah abrise a contenda tras un penalti cometido sobre el mesmo. O gol activou aínda máis o encontro. O Montelouro respondeu con varios achegamentos perigosos de Xián e Jose Barreiro á portería de Guille, mentres que o Zas tamén gozou de ocasións claras, incluída unha man a man de Juan que se foi fóra e outro penalti que o equipo local considerou evidente pero que tampouco foi sinalado polo colexiado.

Nun tramo final frenético, o Montelouro atopou o empate por medio de Javi: unha perda en saída e unha boa combinación visitante que rematou en gol, xa case no ocaso do encontro. Lonxe de virse abaixo, o Sporting reaccionou de maneira inmediata. Na xogada seguinte, unha internada de Redondo pola banda rematou co 2-1 que desatou ao San Andrés.

Os últimos minutos foron de apretar, con todo o Montelouro envorcado e chegando a enviar un balón ao longueiro. O Zas sufriu, resistiu e defendeu con todo ata o final para selar unha victoria que apreta moitísimo a clasificación.

Zas-Monte Louro-Foto-Sp
Zas-Monte Louro-Foto-Sp

Muros - Outes (2-2)

  • Muros: Aitor, Fran, Ra, Benji, Manu Tajes, Alon, Quin, Je, Dani Jurjo, Juan oVello, Xavi. Tamén: David Lestón, Juan, Sel, Jesús e Óscar.
  • Outes: Dani, Claudino, Stefan, Sanchiño, Hugo, Adrián, Martín Caamaño, Kevin, Marcos, Keko e Manel Carou. Tamen: Paullo, Adrián, Alberto Bahamonde, Eloy Lado, e Rubén Liñán.
  • Goles: 0-1, m.4: Manel; 1-1, m.20: Xavi; 2-1, m.62: Dani Jurjo; 2-2, m.76: Manel.

Xusto empate o colleitado e Miraflores entre dous moi bos equipos. Comezaba moi ben o cadro de Geno, combinando moi ben, e chegando, adiantándose no marcador por medio de Manel. Os de Joaquín Quintáns comezaban a roubar mellor e pronto igualaban o partido.

Comezaba a segunda moi igualada, con alternativas, e desta volta era o cadro de Joaquín Quintáns o que se metía por diante. Pronto recurtaba o Outes, por medio do aínda xuvenil Manel, que xa leva 8 goles, empatado con Salah (Zas) e Bryan (Xallas) e a 1 de Javi Pérez (SanLo) e Bruno (Porteño). Aí puido acabar levando o partido o equipo visitante pero Aitor estivo moi seguro.

Sofán B - Malpica (1-0)

  • Sofán B: Eloy, Diego, Iván, Borja Viañño, David, Mateo, Asier, Eloy Cabeza, Dani Calvete, Christian, e Adrián Fraga. Tamén: Diego Rama, Samu, Marcial, Nacho Moreno, Isma Ramos.
  • Malpica: Ndoye, Saúl, Pablo, Gardi, Brais Calvo, Cristian Villar, Cristian Fdez., Saydou, Luís, e Chicha. Tamén: Anxo, Fran, Camilo, Joel e Mario.
  • Gol: 1-0, m.45: Mateo.

Primeira metade dominada lixeiramente polo Sofán B pero non conseguían meter ao Malpica na súa área os de Zalo. Tivo unha Saydou que sacou Eloy, e varias internadas de Luís que non atoparon no marcador. Só un erro do porteiro visitante ao fío do descanso era aproeitado por Mateo para abrir o marcador.

Na segunda, o Malpica foi superior fisicamente e meteu ao filial na súa área, pero o filial, sustentado nun gran Eloy Martínez baixo paus, si que puido aguantar a renda. Luís, Cristian e Camilo tiveron as melloras ocasións, pero o marcador non se movería.

Soneira - Cabana (1-5)

  • Soneira: Pity, Nico, Gusa, Héctor, Sergio, Brais Pereira, Jesús, Adrián Canosa, Pichi, Richi e Vía. Tamén: Brais Lema, Maikol, Davis LP, Cachi e Mario.
  • Cabana: Manu Nantón, Aarón, Alex Costa, Noe Eiroa, Ferreiro, Nando, Simón, Brais, Miguel, Diego Castro e Xabi Parga. Tamén: Diego, Noe Souto, Julián, Mario e Pablo Pose.
  • Goles: 0-1, m.4: Simón; 0-2, m.33: Xabi Parga de penalti; 0-3, m.42: Migueliño; 0-4, m.45+4: Xabi Parga remata unha falta botada por Aarón; 1-3, m.48: Vía; 1-5, m.75: Fernando.

Nada máis comezar o partido, unha perda en saída de balón soneirá, convertíase nun regalo para que Simón abrise o marcador, gracias tamén a unha boa presión. Axustaba co paso dos minutos o cadro de Josiño Abelenda, igualando a contenda, pero as transicións cabanesas era perigosas, e nunha desas, un penalti sobre Xabi Parga, e protestado polos locais, permitíalle ao propio Xabi facer o segundo. Ese gol afundiu moralmente ao cadro irmandiño, que veu como nos últimos minutos da primeira metade o Cabana sentenciaba o choque con dous goles máis. Certo que antes o Soneira puido meterse no partido cunha gran ocasión ben defendida por Manu e Ferreiro.

Na segunda o Soneira marcou na primeira chegada e, con orgullo e corazón, os irmandiños meteron aos cabaneses na súa área durante un rato, tendo ocasións claras que non acercataron, ata que nunha contra, o Cabana sentenciaba pechando o choque a 15 do final.

”Toca traballar, manter a calma e seguir insistindo nos aspectos que nos están penalizando. O equipo quere, esforce, e iso nótase, pero debemos corrixir erros e recuperar a confianza para saír desta dinámica que nos está custando máis do previsto. O camiño é seguir”, relata o míster soneirán.

Xallas - Porteño (3-2)

11 do Xallas FC ante o Porteno en Fontenla
11 do Xallas FC ante o Porteño en Fontenla. Foto: Xallas
  • Xallas: Iván Couto, Garci, Adrián Couto, Peke, Macareno, Jairo, Dani Barbeira, Doro, Alberto Jallas, Bryan e Sergio Barbeira. Tamén: Manu, Martín, Julián, Pablo Landeira e Álvaro.
11 do CF Porteno en Fontenla-Foto-Parker
11 do CF Porteño en Fontenla-Foto-Parker
  • Porteño: Mariolo, Rodri, Brais Mouzo, Iván, Álvaro, Baba, Darío, Sandelo, Bruno, Martín, Yuyo. Tamén: Joel, Pejo, Gabri Pazos, Sandro e Carrabete.
  • Goles: 1-0, m.1: Bryan nunha falta lateral; 1-1, m.45+4: Baba nun córner; 1-2, m.52: Bruno a pase de Yuyo: 2-2, m.63: Macareno; 3-2, m.65: Sergio Barbeira de fermosa vaselina.

Un dos partidazos da xornada, que deixou ademais un choque vibrante entre dous equipazos. Comezaba pegando o Xallas nunha falta lateral na que os da Ponte piden falta en ataque nunha xogada na que Mariolo queda tendido, e o Xallas mete pasa atrás e marca a porta baleira. Deu un paso atrás o cadro de Doriño que deixou o dominio aos de Mayor, que comezaron a chegar por banda. Así se desenvolveu a primeira metade, co cadro da Ponte combinando e chegando ante un Xallas metido atrás, ata que no desconto da primeira, nun córner, Baba empata, pedindo aquí os xalleiros falta en ataque.

Na segunda metade, seguía o mesmo guión co Porteño tendo máis balón e adiantándose cun pase de Yuyo sobre Bruno que se vai do central e bate a Couto. O gol volveu cambiar o sentido do partido. O Porteño mete un paso atrás e o Xallas tomou o mando do balón e non tardou 10 minutos e darlle a volta ao marcador. Primeiro, Macareno nunha balón que toca nun defensa e descoloca a Mariolo, e de contado cunha fermosa vaselina de Sergio Barbeira.

Outro envorco no partido, e o Porteño volveu cambiar de campo, con ocasións de Bruno e Yuyo, pero sen acerto para igualar a contenda.

O Porteño segue reforzándose, e ademais de Sandelo, que xogou o seu segundo partido, xa ten adestrando a Eze, o ex do Cee, que volverá aos terreos de xogo o 23 de xaneiro tras unha longa sanción por unhas protestas como adestrador cadete.

Corme - Corcubión (1-0)

  • Corme: Quique, Eloy Villar, Álvaro, Xoel Castro, Joshua, Brais Pailos, Borja Torrado, Lucas, Teo, Isra e Samu Costa. Tamén: Adrián Suárez, Hugo Paredes, Iván, Borja Seoane, e Xoel Amado.
  • Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Andrés Vigo, Castreje, Jon, Antón, Luís Lojo, Rama, Iago Lema e César Lojo. Tamén: Alex Díaz, Íker, Martín, Samu Trillo e Brais Lado.
  • Goles: 1-0, m.6: Xoel Castro dende o borde da área tras un córner.

Partido intenso no Cairo, marcado polo gol tempraneiro do cadro cormelán. O Corme mantivo un tramo o peso do partido a pesar de xogar contra vento, pero pouco a pouco o Corcubión foi envorcando o campo, facendo aparecer a Quique en varias ocasións.

Na segunda, o cadro de Ángel Ventanas e Isi xa dominaba máis, creando perigo nos balóns ás costas da defensa, e tendo ocasións como a de Jon ou as dúas do rescatado Brais Lado, que non conseguiron bater a un aguerrido cadro de Ángel.

Perdeu o Corcubión unha boa ocasión de meterse ben arriba, mentres o Corme suma 3 valiosos puntos para saír da zona perigosa.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis información

Comentarios