Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Carballo Interplay 2019 arrinca xa ca apertura de prazo para presentar webseries

O Carballo Interplay 2019 arrinca xa ca apertura de prazo para presentar webseries
Proxeccions nacionais e tertulia - CIP2018-DavidTombilla Imaxe dunha das Proxeccions nacionais e tertulia no CIP2018-Foto:David Tombilla

Xa temos á volta da esquina o 6º Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. O CIP, que na súa quinta edición converteu a vila coruñesa na capital da cultura dixital global, xa é todo un referente que cada ano recibe para a súa sección oficial máis de 140 webseries de todo o mundo. E para o 2019, para a semana entre o 3 e o 6 de abril, quere superar esa cifra.

Por iso xa abríu o prazo de presentación, ata o 18 de febreiro, para enviar a túa webserie a través da web www.carballointerplay.com e optar aos máis de 5.000€ de premios que outorgan cada ano.

As webseries participantes, que deben ser producidas entre os anos 2017 e 2019 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou de animación, nacionais ou internacionais.

Promovendo a creación en galego

As webseries producidas en Galicia optan, polo tanto, aos dous premios de Mellor webserie e Mellor webserie VO Galego, xa que o Carballo Interplay ofrecerá de novo un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto de webserie en galego. O galardón resolverase cun pitching en directo durante o festival e a dotación económica deberá destinarse á produción dos primeiros capítulos da webserie premiada, que se proxectarán na sexta edición do festival.

Carballo Interplay 2019

Vídeo resumo 2018

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-interplay-volveu-convertir-carballo-na-capital-estatal-dos-contidos-dixitais/ https://quepasanacosta.gal/dinosaurio-a-webserie-do-interplay-que-narra-a-caida-mundial-da-internet/ https://quepasanacosta.gal/o-carballo-interplay-un-kamikaze-profesional/

Comentarios