Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Carballo Interplay, un kamikaze profesional

O Carballo Interplay, un kamikaze profesional
Primeira xornada do Carballo Interplay O Alcalde, Evencio Ferreiro, o Concelleiro Xosé Regueira e directora Sonia Méndez na inaugurando Festival Carballo Interplay Xa ferve de contidos Carballo. A V edición do Festival Carballo Interplay está xa a pleno rendemento, despois da proxección este pasado mércores da serie creada durante o #CampamentoKamikaze. Servíu de apertura do festival a presentación de Dinosaurio La Serie, a serie que crearon unha vintena de creadores durante ese intenso campamento creativo desenvolto en Razo dende o luns. Un equipo de profesionais do mundo das series dixitais e do audiovisual, estiveron dando forma a ese dinosario audiovisual dende o comezo, ideando, gravando e postproducindo unha serie web en tres xornadas. Onte foi a premier, todo un momentazo para o protagonistas, e un perfecto pistoletazo de saída para un festival que estes xoves, venres e sábado seguen activas. Presentacion de Dinosaurio La serie no Carballo Interplay Presentacion de Dinosaurio La serie no Carballo Interplay Equipo Kamikaze do Carballo Interplay Equipo Kamikaze do Carballo Interplay

Mañá de Xoves Pro

Durante a mañá do xoves está en marcha o panel sobre televisión e contidos nativos en internet con profesionais de Hitsbook, PlayZ (RTVE), Flooxer (Atresmedia), CRTVG, VICE o Globomedia. Todo emitido en directo por streaming no Facebook de Carballo Interplay. Zona Pro no Carballo Interplay en directo A Zona Pro no Carballo Interplay en directo

Tarde de proxeccións

Na tarde do xoves comezan as proxeccións da sección oficial, coa estrea ás 21:00h de “Hai vida en Bran?”, a serie escrita, dirixida e protagonizada por Ángela Andrada que gañou no IV Carballo Interplay o Premio a proxecto de webserie en galego. Antes, ás 16:00h comezan as proxeccións coas Webseries Sección Oficial Internacional; e Estatala partir das 17:00h. Ademais, ás 19:30h as catro propostas de webseries en galego finalistas para esta edición do Premio defenderán os seus proxectos nun pitching público.

Venres de humor

O venres será un día no que o Interplay se fixará nas potencialidades da rede como espazo para o humor máis transgresor. El punto frío e os Youtubeir@s protagonizan a terceira xornada. O polifacético humorista catalán, que tamén é parte do xurado, presentará o seu show Guasa & Melanco, no que afonda na súa mestura da risa coa incomodidade. Ademais o Interplay acollerá a estrea de El punto frío, a nova webserie de RTVE para a súa plataforma PlayZ, que introduce o mito da Santa Compaña nunha trama policíaca. Ás 13:00h hai sesió vermú con MounQup, e pola tarde comezarán as proxeccións ás 16:00h, sendo o Encontro de Youtubeir@s, ás 19:00h, un dos momentos da noite.

Novas relacionadas

Edicións anteriores

Fonte

Comentarios