O fado e a zarzuela encheron de sentimento a Alameda de Cee


Hoxe dan comezo as Festas da Xunqueira de Cee 2012, cunha completa Feira do Libro, mentres que o Programa Cultural do Concello segue en marcha. Por exemplo, esta fin de semana, a música, concretamente o fado e a zarzuela, tiveron tamén o seu protagonismo.

O pasado venres foron a banda galega de música portuguesa En Clave de Fado a que encheu de xente a Alameda ceense. A vocalista Iria Estévez interpretou varios temas de Galicia e Portugal como Lela de Castelao, Negra Sombra de Rosalía, Uma Casa Portuguesa de Amalia Rodrigues entre outros grandes clásicos para o gusto dos veciños.
Ademais, o sábado tocou Noite de Zarzuela en Cee. Nunha sesión organizada pola Asociación Cultural Amigos da Banda de Música de Cee, a Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla fixeron disfrutar aos máis maiores, co seu director José Rodríguez Ramos, e as impresionantes voces da Soprano Aida López Carrera e o Tenor Diego Neira.
A praza da Alameda estaba completamente chea, e mesmo o público tatareaba en baixo os temas. Sorprende que siga vivo o entusiasmo do pobo de Cee por este tipo de música cuxa afección vén de fai moitos anos. E que siga viva!

Este é un dos temas da zarzuela: Canción de Paloma (El barberillo de Lavapiés), noutro vídeo de Edita Cambeiro.
Novas relacionadas
- A Mostra de Teatro de Cee baixa a persiana aos seus 25 anos.
- Os fogos, Danza Invisible e París de Noia, os pratos fortes da Xunqueira 2012.
- A Feira do Libro e a Mostra de Teatro, puntos fortes do programa de verán de Cee.
Fonte
- Información, vídeos e fotos de Edita Cambeiro.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).