Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Faro Vilán supera os 26.000 visitantes durante o verán

O Faro Vilán supera os 26.000 visitantes durante o verán
O Faro Vilán énchese para as presentacións das exposicións como a de Yano Yoro

A potencialidade que teñen os Faros é enorme. Un exemplo é a recuperación do Faro Vilán por parte dos Empresarios da vila para acoller exposicións como a de arte chinesa que agora loce e outras actividades. Dende que funciona como punto turístico e ademais acolle esta clase de citas culturais as cifras de visitantes se dispararon.

Así durante os meses de xuño, xullo e agosto de 2013 rexistráronse máis de 26.000 visitantes no Faro Vilán de Camariñas, cun incremento máis que notable respecto as mesmas datas o ano pasado 2012 cando o número de visitantes non superou os 20000. A Costa da Morte é un destino que segue a crecer, e con él tamén Camariñas e o seu Faro, que ademáis dun atractivo paisaxístico único, grazas ó museo que alberga no seu interior e as continuas exposicións organizadas pola Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas fan deste un destino moi atractivo e de gran interese turístico e cultural.

Por todo isto o Faro Vilán permanece aberto todo o ano e seguirá atendendo ós visitantes no punto de información turística e realizando novas exposicións e eventos para disfrute dos que alí se acerquen.

O horario dende o 15 de setembro ata finais de outubro será de mércores a domingo de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e a partires de novembro a hora de cerre será aproximadamente as 19:00, dependendo da hora de encendido do Faro Vilán de Camariñas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios