Luns. 06.05.2024
El tiempo

Por unha oficina de información turística no Faro Fisterra independiente e eficaz

Por unha oficina de información turística no Faro Fisterra independiente e eficaz
A comitiva popular onte visitando a oficina turistica do Faro fisterra

Que as oficinas de turismo da Costa da Morte dependan das axudas da Xunta debería ser tomado como unha derrota, e non como unha vitoria, como o están anunciando as administracións nestes días. E falamos sobre todo do punto de información turística do Faro Fisterra, xestionado entre o Concello e a Neria, un dos puntos máis visitados do país e que segue a ter unha infraestrutura precaria, e unhas contratacións á baixa, que non permiten convertelo nun referente informativo que reparta aos turistas polos tesouros da bisbarra.

O caso é que a Xunta vén de informar das axudas que acaba de outorgar aos 3 Concellos da bisbarra declarados "Municipios Turísticos", Fisterra, Corcubión e Laxe. Serán 8.000€ para a contratación de persoal para as oficinas de turismo.
Se ben en Corcubión a oficina xa leva aberta un tempo (pero estivo pechada 8 meses durante ano pasado por falta de cartos), por Fisterra e por Laxe poderán mantela aberta máis tempo.

Afortunadamente temos exemplos de boas prácticas na bisbarra, como é o caso do Ézaro, que a día de hoxe conta cunha eficiente e profesional Oficina Turística ademais do Centro de Interpretación do Monte Pindo aberto para o verán.

Unha oficina de información turística sen internet

I é que non cansamos de dicilo, un eficaz punto de información turístico no Faro fisterrán é fundamental para dinamizar o sector hostaleiro da zona, servindo de punto de partida para os que chegan directamente ao simbólico cabo, e evitando que marchen directamente sen parar, por descoñeceren os nosos tesouros e servizos. E unha oficina sen internet, sen teléfono, sen mapas e sen auténticos profesionais ao mando, de que informa?

Aberto o prazo para solicitar o emprego

Parece que a contratación de profesionais é por fin unha prioridade. A comitiva popular explicou que os requisitos do persoal contratado serán estar en posesión do título de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística ou Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou Grao ou Diplomatura en Turismo ou equivalente homologado.

A forma de presentación de solicitudes será vía telemática a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 30 de agosto de 2013.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios