Luns. 06.05.2024
El tiempo

A Oficina Turística do Ézaro case duplica visitantes no verán

A Oficina Turística do Ézaro case duplica visitantes no verán
Oficina de Turismo do Ezaro-Foto-Concello de Dumbria

Que xa é un dos puntos máis atractivos da Costa da Morte non cabe dúbida. Pero se ademais se convirte nun dos referentes a nivel de información turística, seguro que o Ézaro se coloca como importante punto de partida para visitar a nosa zona.

Este verán de 2013, a Oficina de Información Turística do Ézaro, recibíu só nos meses de xullo e agosto, un total aproximado de 10.000 visitantes. Unha cifra que supera en 4.000 a do ano anterior polo que o incremento pode considerarse espectacular.

A do Ézaro non é a única oficina de información pero si unha das que mellor funciona. A que tiña que ser todo un exemplo é a do Faro Fisterra, que segue a ser o punto máis visitado da Costa da Morte, con preto de 150.000 visitantes ao ano, pero que pasa varios meses pechado, ademais de non ter internet ou panfletos informativos suficientes, como temos comprobado persoalmente.

Nos últimos meses, o Faro do Cabo Vilán tamén está aberto, e ademais de convertirse en punto de referencia cultura, con numerosas exposicións da man da Asociación de Empresarios de Camariñas, tamén ofrece información turística.

Todas son necesarias para que os nosos visitantes coñezan toda a nosa riqueza e teñan argumentos que quedar na Costa da Morte máis e máis tempo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios