Sábado. 04.12.2021
El tiempo

O FIOT entregou o Xograr de Outono a Susana Dans

O FIOT entregou o Xograr de Outono a Susana Dans
Susana Dans Xograr de Outono do FIOT 2015 Susana Dans, Xograr de Outono do FIOT 2015 Susana Dans recollendo o Xograr de Outono de Carballo 2015 Susana Dans recollendo o Xograr de Outono de Carballo 2015

Unha das citas máis emotivas de cada edición do FIOT, é a entrega do galardón de Xograresa de Outono. Un recoñecemento a aqueles que desenvolven un papel activo na promoción e desenvolvemento do teatro en Galicia.

A organización do Festival internacional carballés quixo render homenaxe á actriz coruñesa Susana Dans, que recibiu o premio de mans do Deputado provincial de Cultura, Xosé Regueira, e do Vicepresidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, Antón Guitoi, e despois dunha sentidas verbas de Cándido Pazó.

Pazó subliñou o agarimo que lle ten toda a profesión á actriz coruñesa, xa que Dans "enche os personaxes de vida e de sangue", enriquecéndoos "con delicados e pequenos matices", converténdose "nunha actriz que sabe ser grande no pequeno, e pequena no grande".

Moi emocionada e moi aplaudida polo público, Dans quixo dedicarlle o premio especialmente aos espectadores, así como ao propio festival polo seu traballo ano tras ano "para fidelizar clientes", xa que "habendo teatro, todo tempo pode ser calquera tempo".

Dans únese aos outros doce Xograres de Outono do FIOT, que son Roberto Vidal Bolaño (2002), Artur Trillo (2004), Celso Parada (2005), Víctor Mosqueira (2006), Quico Cadaval (2007), Dorotea Bárcena (2008), Cándido Pazó (2009), Paula Carballeira (2010), Marcelino de Santiago "Kukas" (2011), Alberto Gende (2012), Xosé Manuel Olveira "Pico" (2013) e Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán" (2014).

Novas relacionadas

comentarios