Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O FIOT, o maior festival de teatro de Galicia, pecha cun 98% de ocupación achegándose á mocidade

O FIOT, o maior festival de teatro de Galicia, pecha cun 98% de ocupación achegándose á mocidade
O público escolleu cos seus votos os premios do FIOT 2018 O público escolleu cos seus votos os premios do FIOT 2018

Espectaculares as cifras coas que se pecha unha nova, a 27ª, edición do FIOT. Agotaronse os 200 bonos postos á venda, as entradas de 8 dos 10 espectáculos do Programa de Sala que tivo unha tasa de ocupación do 98%, e un récord de participantes: 11.500, dos que 7.452 acudieron como espectadores nas funcións do Pazo da Cultura e nas representacions na Rúa dos Contos.

Unha demostración da alta calidade deste festival, “o maior Festival de Teatro de Galicia” segundo a propia organización, que permitiu ademais achegarse un pouco máis ao público máis novo. Gracias, sobre todo, á variedade cultural dun programa que foi o máis completo ata o de agora, con 41 espectáculos e cun total de 61 funcións, e un centenar de actividades complementarias. Falamos de accións como o Fiotiño, Escola do Espectador, Café con..., obradoiros, Exposicións, Zoom Fiot, Premio do público, programa de Voluntariado, Dalle un bocado ao FIOT (organizado pola Concellaría de Turismo), Xograr de Outono ou o máis recentemente incorporado, FioTEEN, dedicado aos adolescentes.

Ademais, a Rúa dos Contos (que cumpriu nada menos que 20 anos levando monólogos polas tabernas carballesas), as propostas do programa Obxecto Teatral Non Identificado (OTNI) ou as citas co microteatro foron algunhas das actividades máis destacadas polos chamados “millennials” ou xeneración Z. Deste xeito, a organización cumpliu o seu meirande obxectivo deste curso.

Outro dos obxectivos era lembrarse dos que tan grande teñen conseguido facer este festival, e para eles se creou o Paseo da fama da Rúa dos Contos na rúa Valle Inclán de Carballo. Un Paseo que manterá presentes durante moito tempo os nomes de moitos dos artistas que deron vida á Rúa dos Contos.

Paseo da Fama de Carballo na rua Valle Inclan Paseo da Fama de Carballo na rua Valle Inclan

Os Premiados

En canto aos premios, “Iphigenia en Vallecas”, a obra de Serena Producciones protagonizada por la actriz María Hervás, resultou escollida como a ganadora do Premio do Público. A obra obtivo unha puntuación de 4,58 sobre 5. Lolita Flores interpretando a Fedra conseguiu o segundo premio do público cun 4,54.

Diego M. Buceta Premio do Público para a mellor interpretación.

Dentro da sección OTNI o espectáculo mellor valorado, con 4,17 puntos, foi “La Tristeza de los Ogros” de Théatre National de Wallonie-Bruxelles en coprodución con Teatros del Canal e Teatro Lliure. O público tamén valorou as obras presentadas dentro do certame de Microteatro. Neste apartado a obra “A Bonequiña”, da compañía Moito Morro acadou a mellor puntuación, e así conseguiu o Premio do Público para o mellor espectáculo. Mentras que o Premio do Público para a mellor interpretación foi para Diego M. Buceta polo espectácuo “As vacacións mais longas”.  

Novas relacionadas

“Manuel Lourenzo e o seu teatro contra todo recolleu o Xograr de Outono do FIOT Carballo 2018” — Que pasa na costa “O FIOT recibe o premio da Cultura Galega de Artes Escénicas” — Que pasa na costa “41 espectáculos reforzan unha edición do FIOT moi “millennial”” — Que pasa na costa

Comentarios