O II #inForum volve con Albert Llovera como cara máis visible
Despois do éxito da primeira edición do #inForum, xa nos tardaba a segunda edición. Pero non se fai esperar o Concello de Carballo, e ademais de traernos un resumo en vídeo desa agradable primeira cita, xa anuncia a participación do piloto andorrano Albert Llovera na próxima entrega do #inFórum15.
A cita será o 12 de marzo e a gran cara será todo un exemplo de superación que vén de converterse no heroe do Dakar 2015. Albert Llovera ofrecerá pola mañá unha charla dirixida a estudantes e pola tarde intervirá no Fórum Carballo para o público en xeral.
Anunciaremos por aquí cando se abre o prazo de inscrición.
Albert Llovera Massana
Nacido en Andorra en 1966, Albert Llovera Massana é un amante do deporte dende moi pequeno. Con só 17 anos era toda unha promesa do esquí e mesmo competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno. Un ano despois tocoulle vivir o golpe máis duro da súa vida. Durante a súa participación na Copa de Europa de Esquí sufriu un accidente que o deixou parapléxico. Pero lonxe de truncarse a súa traxectoria deportiva, e tras unha longa recuperación, Albert Llovera volveu á competición, primeiro no baloncesto e despois nos rallys, demostrando que con esforzo e superación non hai límites.
Algúns datos:
- 1º piloto do mundo de rally en competir cunha discapacidade. Comeza no automobilismo en 1987 subido nun quad para disputar o Campionato de Andorra. Logo xa pasa a coches co Campionato de Velocidade de Cataluña.
- No 2001 da o salto ós rallys, onde sigue na actualidade competindo tanto en asfalto como en terra. Ás súas costas leva xa 7 campionatos do Mundo, 8 campionatos de España en terra, e 3 participacións no Dakar, a última este mesmo ano, no que acadou na 41º posición e foi 8º en buggys.
- Colaborou coa NASA no deseño de varios dispositivos de adaptación para a condución.
- Máis de 200 días ao ano está fóra da casa asistindo a eventos, dando charlas, conferencias ou competindo por todo o mundo.
Novas relacionadas
- Novos cursos de formación laboral en Bergantiños.
- Os menús dos restaurantes de Carballo, un pouco máis saudables.
- A Cociña Saudable toma o edificio dos 100 actos.
- #inForum: En internet, 20 minutos é moito. 20 horas é un mundo.
- A tribu tecnolóxica galega avalou o #Fainoti con 10 historias singulares no TedxGalicia.
- Onde están os que invisten os nosos cartos ante tremendo nivelón?.
- Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega.
- O edificio dos 100 actos.
- 4 novos cursos de formación en cociña, restaurante, soldadura e electricidade en Carballo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).