Venres. 26.04.2024
El tiempo

A tribu tecnolóxica galega avalou o #Fainoti con 10 historias singulares no TedxGalicia

A tribu tecnolóxica galega avalou o #Fainoti con 10 historias singulares no TedxGalicia
A pintora carballesa Milagros Cotelo no TedxGalicia

Non extraña que as entradas se agotasen hai tempo. I é que por algo este congreso internacional ten tanto tirón. O TedxGalicia tivo lugar en Carballo achegándonos 10 historias sorprendentes de 10 persoas normais, cun denominador común: #FainoTi.

I é que precisamente esa foi a idea sobre a que rondaron cada unha das iniciativas que escoitaron os máis de 500 espectadores que encheron o Pazo da Cultura de Carballo o pasado venres. A idea de que “se queres algo, só tes que poñerte a facelo” foi a protagonista, como nos conta Marcus Fernández en CódigoCero.

Cheo no Pazo da Cultura para o TedxGalicia-Foto-Marcus Fernandez

O actor vimiancés Vicente de Souza foi o director de orquestra, e foi invitando a pasar a esas xentes con algo que contar. Arrincaron Enrique e Marcos Saavedra, que xa coñecimos na LaconNetwork, e que volveron a Carballo para falar de VermisLab. Cun guión se cadra demasiado ríxido falaron do movemento maker, movemento mundial sobre o #Fainotimesmo, sobre as impresoras 3D, electrónicas en casa…

Tremeu a xente sobre os seus asentos cando saíu a escena a artista Milagros Cotelo. A pintora carballesa demostrou que é posible loitar contra a discapacidade e ademais ter unha arte incrible, como cantan os seus cadros. "Non sei cuando empecei a pintar, supoño que mentres os rapaces estaban na escola, eu tiña moito tempo”, dicía. "Os discapacitados temos que nos facer ver! Non podemos quedar agochados”, berraba.

A gran estrella da tarde puido ser o simpatiquísimo Iñaki Quenerapú, un dos míticos da rede galega, que contou a historia de como as tropas da Guerra das Galaxias invadiron un día a Praza do Obradoiro. Foi contando como naceu a idea e como se foi levando a cabo, pasando por falar co mesmo George Lucas… Cando queres facer algo, e hai xente tan friki coma ti, con vontade hai que ir adiante, reflexionaba recordando a palabra tribu, de por que a xente con algo en común se une, e calquera pode liderar esa tribu, que é a propia tribu a que resolve.

Inaki Quenerapu trouxo a Guerra das Galaxias ao Obradoiro-Foto-Marcus Fernandez

Houbo outras conversas (de 18 minutos) moi interesantes, como a de Pedro Giménez que falou con poso, do papel das ONGs nas empresas, e como evoluciona a relación entre empresas e o terceiro sector. En clave de desenvolvemento falou tamén María Castro, a iniciadora de Xuntos Podemos, unha rapaza que leva facendo eventos para conseguir cartos para ONG, sen apenas estrutura e tirando de contactos.

Tamén contou a súa historia a divulgadora musical Lucía Santiago, a coach Blanca Olivié; o analista de datos, Iván Gómez, o empresario Jorge Cebreiros… E todos captaron a atención da tribu tecnolóxica galega.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios