A Cociña Saudable toma o edificio dos 100 actos


Non para o edificio dos cen actos. Desta volta é a cociña a que invade o Forum Carballo. Pero non calquera cociña, senón que a Cociña Saudable, cun curso que imparte Nova Works Consulting S.Coop.Galega.
Onte tiña lugar a presentación e o curso desenvolverase os días 5, 10 e 12 de febreiro de 17 a 19:30h.
O curso ten como obxectivos proporcionar información nutricional aos profesionais do sector, ofrecerlles ferramentas eficaces para desenvolver menús saúdables, incrementar a oferta gastronómica dos locais ou promover a participación e a mobilización do colectivo profesional na concienciación cidadá cara hábitos alimentarios máis saúdables. Ao remate da formación, cada participante contará cunha carpeta de contidos que inclúe as fichas de receitas en formato apto para o seu uso profesional nas cociñas.
O equipo docence proposto está formado por: Noa Vázquez Rendal - Asesora Nutriciona; e Vanessa de la Fuente Redondo- Coordinadora do curso - Consultora.

Novas relacionadas
- #inForum: En internet, 20 minutos é moito. 20 horas é un mundo.
- A tribu tecnolóxica galega avalou o #Fainoti con 10 historias singulares no TedxGalicia.
- Onde están os que invisten os nosos cartos ante tremendo nivelón?.
- Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega.
- O edificio dos 100 actos.
- 4 novos cursos de formación en cociña, restaurante, soldadura e electricidade en Carballo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).