Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Museo Fernando Blanco segue sendo descuberto polos alumnos da casa

O Museo Fernando Blanco segue sendo descuberto polos alumnos da casa

Os escolares de Cee seguen coñecendo de preto a vida do mecenas Fernando Blanco. Desta volta tocoulle a un total de 20 alumnos e dous mestres de 5º de Primaria do CEIP Eugenio López de Cee, que visitaron na tarde do venres 29 de abril o Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee.

Ó longo de aproximadamente dúas horas, recorreron as dúas plantas do edificio, coñecendo unha parte fundamental da historia da súa vila e ollando as pezas que se atopan expostas, todo elo complementado coas explicacións por parte do responsable do museo, Darío Areas, colaborador desta casa dixitalizando os Tesouros da Fundación .

Unha vez que remataron a visita ó Museo, visitaron o IES Fernando Blanco, e ademáis de percorrer o xardín, adentráronse nas centenarias entranas do edificio, visitando a capela, a sala de profesores e a biblioteca.

Amosáronse sorprendidos ós rapaces de que alguén tan xeneroso donase todo o gañado ó longo dunha vida para que os nenos e nenas das xeracións vindeiras non sufrisen as carencias que Fernando Blanco, e outros tantos coma él, sufriron na súa nenez.

Máis visitas dende Begonte

Pero as visitas ao centro son continuas. Un total de 90 integrantes da Asociación de Veciños “Feira do Barrazoso” de Gaibor (Begonte - Lugo) visitaron na mañán do pasado o Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee, o cal está patrocinado polo Concello de Cee e pola empresa FerroAtlántica.

Ó longo de aproximadamente unha hora, recorreron as dúas plantas do edificio. Unha vez que remataron a visita, e antes de dirixirse camiño a Fisterra, a bo seguro que tamén disfrutaron coa axetreada feira dominical de Cee.

Más información e reserva de visitas

Cómpre lembrar que para concertar visitas guiadas o Museo deben chamar ó número de teléfono: 981.74.72.21

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Museo Fernando Blanco da man de Darío Areas.

Comentarios