![pontella-de-torelo]()
A pontella de Torelo é unha das 123 referencias que se recollen do concello de Vimianzo. Imaxe: Patrimonio Galego
Con case
9000 fichas rexistradas,
PatrimonioGalego xa chega a todos os concellos galegos converténdose así na primeira web social con referencias patrimoniais de toda a comunidade. Once concellos superan os cen bens catalogados, liderando esta categoría o de Pontevedra, con 321, e Vigo, con 269. Síguenlles Ponteareas con 177, Muros con 169, Cotobade-Cerdedo con 149, Baños de Mogas con 146, Santiago de Compostela con 134, Oimbra con 124,
Vimianzo con 123, Carnota con 121, Monterrei e O Rosal con 118 respectivamente, Tomiño con 114, Ourense con 110, Ames con 105, Tui con 104, Gondomar con 103 e Paderne de Allariz con 102.
O maior catálogo social en liña dos bens culturais galegos leva en funcionamento cinco anos co obxectivo de preservar o patrimonio cultural. Neste tempo rexistráronse case 9000 bens patrimonias grazas a un cada vez máis nutrido grupo de catalogadores colaboradores. Con todo, aínda hai algúns municipios nos que a catalogación está sendo moi lenta, xa que en 78 deles, das catro provincias galegas, hai menos de cinco monumentos rexistrados.
![patrimonio-galego-costa-da-morte]()
Ao contrario do que ocorre cos inventarios oficias,
patrimoniogalego.net permítelle á cidadanía involucrarse activamente a través dunha participación directa, o que permite que, por primeira vez, todos os concellos galegos teñan bens catalogados. De feito, segundo indican os responsables do proxecto, "a
participación cidadá é o motor desta páxina web" e nela poden participar todos os interesados. Unha vez rexistrados como colaboradores, os participantes teñen á súa disposición impresos que facilitan o seu labor de catalogación. Neles figura o nome do ben patrimonial en cuestión, a súatipoloxía, ubicación, datación, descrición, propiedade, estado de conservación e demaisaspectos que poidan resultar de interese, como é o caso da tradición oral asociada.Posteriormente, a información poderá ser ampliada mediante os comentarios dos demaisusuarios, xa sexan outros catalogadores ou os propios editores da web.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Patrimonio Galego