Martes. 08.10.2024
El tiempo

O teatro e os Premios Fouciño despiden a #AxendaCostadaMorte do mes de maio

O teatro e os Premios Fouciño despiden a #AxendaCostadaMorte do mes de maio
axenda cultural costa da morte 27 28 29 maio O mes de maio despídese da #AxendaCostadaMorte ao grande. Son moitas as citas que completan a axenda cultural e de ocio da Costa da Morte. Dende iniciativas xurdidas dende o movemento asociativo; como os Premios Fouciño organizados pola asociación cultural Adro, ataos ambiciosos programas culturais dos concellos que lle dan paso, pouco a pouco, á tempada do verbeneo. Teatro Premios Fouciño Rutas gastronómicas
  • Esta fin de semana arranca o Carballo por Etapas. Vinte establecementos da localidade participan no roteiro gastronómico servindo apetitosas tapas. Os participantes entrarán nun sorteo de 940€ en premios
Concertos
  • Muros: A peña celtista A Cuadrilla da Pepa Loba prepara un concerto infantil benéfico para recadar fondos para o comedor e internado de Totoro-k. A cita será hoxe ás 18 horas co trío Acibro na Antiga Fábrica de Sel, e intentarán introducir aos nenos no mundo da música clásica a través dos contos.
  • O Curruncho Pop da biblioteca Rego da Balsa de Carballo encheráse mañá de boa música da man do grupo Chicharrón (que presentou recentemente o seu segundo disco) e do ourensán Emilio José.
Festas Roteiros
  • Xosé María Lema guiará mañá unha nova edición do roteiro Costa do Solpor. Participarán máis de 50 docentes de toda a comunidade. Percorrerán os distintos puntos da Costa da Morte polos que discorre a novela para o que partirán ás 9:30 horas da praza do concello de Vimianzo.
Outras citas Fonte

Comentarios