O tempo volve a ser o protagonista da #AxendaCostadaMorte

07:15 01/04/16

- O concello de Vimianzo pon mañá en marcha o "Abril Verdadeiro" con Daboapipa que traen o seu espectáculo "As Lavandeiras". A golpe de contos e de música, os espectadores meteranse de cheo no oficio das lavandeiras. Diso encargaranse Vero Rilo e Santi Prieto. A cita comeza ás 21 horas.
- Xurxo Souto visita mañá a biblioteca de Muxía. Será a partir das 19:30 horas cando comece a súa charla de “Oceáno para terrícolas”.
- Festas da Virxe do Monte de Camariñas. Esta noite retómanse as festas da Virxe do Monte de Camariñas despois de que o mal tempo obrigase a cancelar moitos dos actos previstos para a pasada fin de semana. Actuarán o grupo Ciclón e a discoteca móvil Impacto. O sábado tamén haberá troula.
- Lira continúa mañá coa celebración da festa dos Remedios Novos con baile todo o día e verbena tremenda con Los Satélites e París de Noia.
- O novo Disco Pub Nerio, un dos máis veteranos de Cee, cumple o seu aniversario dende que Ovidio Castro e Mario Rodríguez tomasen o mando. O acontecemento celébrano hoxe coa actuación de La Ricura.
- Tamén hoxe, a banda New Orleans Trio trae os seus ritmos negros ao pub A Ventana de Laxe a partir das 23:30 horas.
- O faro de Fisterra acolle durante estes días unha mostra moi peculiar. "Reborn Bones" é unha exposición composta por 39 esculturas realizadas con osos de animais mortos por causas naturais.
- A sala de exposicións do faro do Cabo Vilán acolle ata o vindeiro 30 de abril unha mostra da Fundación Teresa Rego de mantillas e velos feitos de encaixe a partir do século XV en adiante.