O V Encontro Monte Pindo faranos disfrutar do sendeirismo, historia e gastronomía


Mentres estamos inmersos nas Xornadas De Castros a Castelos ao longo desta fin de semana, e que repasaremos o luns, traemos aquí xas as actividades que ten prantexada a ACDR Pedramar para o V Encontro Monte Pindo. Coma sempre, unha cita nas faldas do Olimpo Celta para disfrutar do sendeirismo, da historia, da música e da Gastronomía da Costa da Morte.
As xornadas celebraranse os venres 12, sábado 13 e domingo 14 de xullo na vila carnotá. A inauguración será o venres ás 19:30h que coincidirá coa estrea do novo local da asociación situado no porto do Sinal, coa exposición fotográfica e os relatos do arqueólogo Tito Concheiro e o historiador Felipe Senén, dous que nunca fallan á súa cita co Pindo. Como non, a sesión rematará cuns petiscos.
O sábado amencerá de ruta, con picnic e todo, polo Monte arriba. Á volta toca derpote, coa saída da proba Galicia Máxica Trail Adventure, e pola noitiña, sardiñada e verbena.
O domingo, repiten volta en catamarán ata as Lobeiras, ademais dunha nova anidana polos Mouchos e a Fervenza do Ézaro. O xantar de polbo galego á feira e churrasco será na carpa da praza, e a clausura será a ritmo das pandeiretas da Solaina.
Novas relacionadas
- As Xornadas de Pesca do Pindo botarán outro ollar ao mar na procura da diversificación.
- 24 comunicacións para viaxar de Castros a Castelos polo Olimpo Celta.
- IV Encontro Monte Pindo: Un millar de persoas encontráronse no Monte Pindo.
- III Encontro Monte Pindo: O Monte Pindo disfrutou dun Encontro con historia, música, gastronomía e deporte.
- II Encontro Monte Pindo: A Pedramar achegou o Monte ao Pindo.
- II Simposium Monte Pindo: Por que temos que coidar o Monte Pindo?.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).