Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os 18 locais do Carballo por etapas serviron 16.500 tapas

Os 18 locais do Carballo por etapas serviron 16.500 tapas

Algunha das tapas do Carballo por eTapas 2018 Unha das elaboradas tapas do Carballo por eTapas 2018 Terrazas cheas, cociñas botando fume... Estampas que demostran, un ano máis, o éxito das rutas gastronómicas na nosa comarca. Unhas estampas que se refrenden cos datos, pois foron nada menos que unhas 16.500 tapas as servidas polos 18 establecimentos participantes, uns 2.500 viaxeiros e viaxeiras os que montaron no tren turístico; e máis de 2.000 os agasallos entregados. Son as cifras da 6ª edición de Carballo por etapas, e iso que non acompañou o tempo. O día máis forte foi o domingo 27 de maio, que coincidiu con feira; e hai que subliñar que numerosos bares e tascas esgotaron a primeira quenda de “rascas” dispoñibles para repartir entre a clientela e tiveron que pedir máis para poder agasallar mochilas, fundas de móbil, libretas, abridores, botellas de viño doadas por Bodegas Carballo, Distribuciones Cotelo, Disboa e Xinerxia Alimentaria, xogos de copas cedido por Proquiber e as tapas gratuítas que achegaron os propios locais entre os comensais. Tren Turistico co Carballo por Etapas Gran participación no Tren Turístico no Carballo por Etapas

Variedade de tapas e de locais

Destacable variedade da oferta das tapas e das elaboracións para esta edición, con propostas como lasaña, sushi, caldeirada, salpicón, arroz, pastel, costela, solombo, canelóns, cuscús, hamburguesas, bacallau, tortillas ou mesmo chupachups salgados. Os grandes protagonistas, os establecimentos, iso si: A Barra Bar, A Nova Ferradora, A Nova Tasca, Cafetería Bar Embajador, Cafetería Bar Ginebra, Cafetería Havanos 79, Cervecería Ágora, Cervecería La Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Mio Fratello Gastrobar, Oasis Restaurante Vinoteca, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón, Tasca A Cova e Trattoría Pizzería Vesuvio.

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios