Os escolares tamén queren homenaxear en verso aos Faros da Costa da Morte

Teñen que esperar algo máis os Faros da Costa da Morte (abertos ou pechados?) para ver a súa homenaxe en verso. O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte vén de ampliar o prazo para a entrega de poemas no Certame de poesía sobre os Faros da Costa da Morte ata o 31 de xaneiro.
E o fai debido á solicitude por parte dos centros escolares non puideron promocionar esta iniciativa entre os seus alumnos e alunas debido ás vacacións do Nadal.

Así, escolares de toda a bisbarra poderán estrear a súas plumas de reis, para poñer en valor a riqueza paisaxística e turística que teñen estes sinais luminosos da nosa costa, e máis concretamente da Costa da Morte, é dicir aquela que abrangue dende as illas Sisargas ata o Monte Louro.

Xa saben que a razón da escolla dun certame de poesía é a de continuar o labor de grandes escritores galegos que se viron inspirados nestes senlleiros edificios, como foi o caso de Gonzalo López Abente, Xervasio Paz Lestón, Antón Zapata García ou Miro Villar.

A realización deste certame ten lugar grazas ao Proxecto Singular “Percorrendo Vieiros da Costa da Morte” aprobado pola Deputación da Coruña.

Máis información

Novas relacionadas

Novas relacionadas