Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Visitando os Faros e as Igrexas da Costa da Morte en vídeo e pola rede coa SEMESCOM

Visitando os Faros e as Igrexas da Costa da Morte en vídeo e pola rede coa SEMESCOM

Xa lle deramos un repaso ao deuvedé “Faros da Costa da Morte” que desenvolveron dende Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte (SEMESCOM). Un dvd que nos serve para ver o que non nos permiten as autoridades, e que serve para seguir reivindicando os Fachos como patrimonio cultural, e turístico, da Costa da Morte.

Hoxe, dende a entidade soneirá, cóntannos unha moi boa nova, como é a publicación de dous vídeos documentais na web do Consello da Cultura Galega, o portal soporte do audiovisual galego AVG (www.culturagalega.org. Estes son os de Faros da Costa da Morte e mais o de As imaxes de Santiago nas igrexas e santuarios da Costa da Morte.

Ambos documentais foron realizados pola SEMESCOM dentro do proxecto "Percorrendo Vieiros", que foi subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.

Faros da Costa da Morte

As imaxes de Santiago nas igrexas e santuarios da Costa da Morte

Novas relacionadas

Comentarios