Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os sons máis galegos vanse da rede

Os sons máis galegos vanse da rede
Escoitar.org recollía o son que se produce ao palillar Escoitar.org recollía o son que se produce ao palillar Poucas webs hai na rede que conteñan un arquivo sonoro como o de Escoitar.org. Dende aquí podíase sentir en calquera parte do mundo, por exemplo, o fermoso ruído que se produce ao palillar ou os batáns do Mosquetín en pleno funcionamento. Estes eran algúns dos sons tan particulares da Costa da Morte que estaban colgados en Escoitar.org e que a semana pasada, dez anos despois da súa creación, anunciaba o seu peche. "Despois de múltiples intentos de solicitar apoios que fixesen sustentable o mantemento desta ferramenta e non querendo resignarnos a que vague inerte e estéril como un cadáver dixital, decidimos devolver os seus sons á vida, á súa esencia transitoria", anuncian na web. Escoitar.org consistía precisamente en iso; en escoitar e poñer en valor o patrimonio sonoro galego. Os seus colaboradores subían un arquivo cun son que tiñan que xeolocalizar. Así, pouco a pouco, configurouse un dos mapas sonoros de Galicia máis completos. Non obstante, tal e como recollen na web, a labor do proxecto Escoitar.org ía máis aló do arquivo ao centrarse non tanto en conservar eses sons senon en entendelos e promover os diferentes modos de escoita colectiva -históricos, sociais, culturais,.. - e individuais - psicolóxicos - e fomentar a escoita crítica. A orixinalidade do proxecto conservouse ata o seu fin xa que ao clicar sobre a páxina online aparece un texto de despedida que remata (remataba) cun regalo: "Cada vez que escoites unha das mais de 1200 gravacións que no seu día formaron parte de Escoitar.org, esta borrarase da base de datos, desaparecerá como son que é, será de novo algo máis que un arquivo, será un acontecemento". Poucas horas fixeron falta para que se esgotasen os 1.2000 sons. Mensaxe de despedida que aparece en Escoitar.org Mensaxe de despedida que aparece en Escoitar.org Novas relacionadas Fonte  

Comentarios