QPC cambia de traxe con apelido galego


Despois de 8 anos ao pé da nova, QPC afronta a segunda mudanza. Vestímonos cun novo e sinxelo traxe, parecido pero máis ordenado que o anterior, tirando cara as grandes cabeceiras.
Pero o paso que máis ilusión nos fai é colocar, por fin, o apelido galego. Agora, o diario terá como dirección principal www.quepasanacosta.gal, pero poderase seguir entrando a través do .com.
Temos algunha novidade, como a inclusión da Axenda no diario. Deste xeito, unha das seccións que tiñamos na "emigración", nunha páxina contigua, queda agora como unha sección propia do diario.
Por outro lado, cambiamos o nome de Bisbarra polo de Costa da Morte, pero esta sección seguirá achegando as novas que nos atinxan comarcalmente.
Ademais, e gracias á insistencia dun bo amigo de QPC, engadimos e asección "Natureza", comprindo así co noso compromiso co patrimonio natural da Costa da Morte. Ademais, comprobamos que hai moitos contidos para encher esta nova sección.
A reforma foi desenvolta pola empresa compostelá Tesla Technologies, ca imprescindible colaboración do servizo técnico QPC, nomeadamente Javier Calaza, a través dunhas axudas da Cámara de Comercio da Coruña.
En todo caso, iremos facendo melloras segundo vexamos cousas que poderían estar mellor, así que se vedes algo, non dubidedes en poñervos en contacto con nós en [email protected]
Máis información
Novas QPC
- QPC cumple 8 anos.
- QPC despide un 2013 de éxitos.
- QPC abre as portas ata Carballo.
- Renovados os horarios de Autobuses en QPC, o único espazo de información unificada.
- #6anosQPC.
- QPC entre as 100 webs máis lidas de Galicia.
Formación QPC
- QPC axudou a reducir a fenda dixital en Ponteceso.
- QPC espalla o poder da rede entre os maiores de Dumbría.
- A rede une ás familias de Muxía.
- Muxía aprende a manexar as Novas Tecnoloxías en Igualdade con QPC.
QPC e os medios en galego
- A Xunta comprométese a traballar coa Asociación de Medios en Galego.
- 2013. Un bo ano para os medios en galego.
- QPC participou no 10 aniversario do Galicia Confidencial.
Máis novas QPC
- Fotocolaboradores QPC: “Dende o seu punto de vista”.
- Descarga a túa APP de QPC no teu móbil.
- 2011: Un gran ano para QPC.
- II Encontro de Colaboradores QPC: Os colaboradores de QPC tomaron a palabra.
- QPC e outros medios lanzan a campaña Vitaminas par o Galego.
- QPC exporta información da Costa da Morte a toda Galicia Confidencial.
- QPC segue crecendo e se afianza como unha referencia informativa na Costa da Morte.
- 1 millón de visitas, 1 millón de gracias.
- Repaso ao 2010 para QPC.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- I Encontro de Colaboradores QPC: QPC presentouse en sociedade.
Publicítate en QPC
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).