Venres. 03.05.2024
El tiempo

Quilmas prepara o seu Mercado Ecolóxico para a Semana Santa

Quilmas prepara o seu Mercado Ecolóxico para a Semana Santa
VI Mercado Ecoloxico de Quilmas

O primeiro dos 9 mercados ecolóxicos como 9 pléiades de Quilmas deste 2013 xa está en marcha. Este vindeiro venres 19 de marzo, en plena Semana Santa, paralelo á Mostra "Víndemo Ver" de Carnota, terá lugar a IV edición do Mercado Ecolóxico Tradicional. Este mercado enmárcase nunha ristra de eventos que terán lugar nos vindeiros 6 meses onde colocarán á pequena aldea carnotá no centro da agroecoloxía de Galicia.

As labregas, apicultoras, artesás dos alimentos e da natureza e colectivos que traballan a cotío pola defensa do medio ambiente, teñen nestes eventos un espazo para a mostra, a divulgación e a conexión de ideias co público en xeral. As persoas que teñan inquedanzas nos xeitos de produción de alimentos ecolóxicos ou en movementos de acción medioambiental e sostibilidade práctica, en proxectos pola defensa da terra... Todos coincidirán en Quilmas.

Xa hai máis de 30 produtores apuntados, entre os que atopamos de todo, embutidos de porco celta, apicultura, comercio xusto, queixos, produtos da horta, reposterían, pan de castañas, leite crú, froitas do bosque, cerámica, cestería, salchichón e cecina de poldro… E mesmo teremos a posibilidade de degustar aló polbo de Camariñas ao son dos gaiteiros de Catoira tomando un viño ecolóxico na cantina.
Ademais, coma sempre, e invitados pola Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas e da Coop. de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa, terán o seu posto informativo entidades como ADEGA, MPPN, SLG, Asociación Galega de apicultura ou a Cooperativa de Consumo Responsable da Coruña Zocamiñoca.

Mercar e disfrutar

Pero haberá de todo. Atentos aos Roteiros polos arredores de Quilmas e as faldas do Olimpo Celta. Tamén nestes mercados hai espazo para o lecer, para desfrutar da contorna descubrindo a aldeia da Curra, as praias antigas de Quilmas e Panchés, o Porto natural de Quilmas, as múltiples cabaceiras que evocan eses tempos onde estaban cheias de alimentos e, polo tanto, cando as leiras eran mosaicos de cultivares coridos perfilados por sebes e muros de pedra.

Mapa de Roteiros arredor de Quilmas

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios