Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Recuperando a “Comarca natural de Bergantiños” de Salvador Parga Pondal

Recuperando a “Comarca natural de Bergantiños” de Salvador Parga Pondal
Fantástica a aposta pola recuperación patrimonial e etnográfica que a Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños vén de levar a cabo. A recuperación da tese de Salvador Parga Pondal sobre a "Comarca natural de Bergantiños" permite obter unha nova e importante fonte. O libro edítase a través do GDR Bergantiños, que preside Evencio Ferrero Rodríguez e do que Alberto Martínez Pose é xerente. Ambos compartiron a mesa de presentación con José Mª Martínez e Xosé Manuel Varela, coordinador e tradutor do libro. Ambos preocuparanse por achegar o libro a toda a comarca como fixeron o pasado xoves no Centro Comarcal de Bergantiños, en Buño. A través desta obra, Parga Pondal, segundo explicou o coodinador do libro, José Mª Varela, amosa recunchos sorprendentes da Comarca de Bergantiños ilustrados con  fotografías inéditas de José Vidal, que nos permiten achegarnos dun xeito realista a como era a Comarca de Bergantiños nos anos 50. A partir da vindeira semana a Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños comezará a distribuir exemplares do libro entre as distintas entidades culturais da zona.

Máis información

Así mesmo, o libro estará a disposición de todos/as interesados/as en formato pdf na web da asociación (www.adbergantinos.org) ou ben en soporte dixital, previa solicitude ao Equipo Técnico do Grupo de Desevolvemento Rural no teléfono 981 70 73 77.

Comentarios