Venres. 19.04.2024
El tiempo

Recuperando o afiado saber da Regueifa de Bergantiños

Recuperando o afiado saber da Regueifa de Bergantiños
Feijoo disfrutando da regueifa de Bergantinos Ata Feijoo (na TV, iso si) disfrutou da regueifa de Alba María, Lupe Blanco e Javier na Taberna o Mexillón Alba Maria e Lupe Blanco as novas regueifeiras galegas Alba Maria e Lupe Blanco as novas regueifeiras galegas Vímolas no verán regueifando xuntas en Caldebarcos por primeira vez. Pero van camiño de convertirse nunha parella que revolucione o mundo da regueifa. A coristanquesa Lupe Blanco e a compostelá Alba María foron protagonistas onte na Taberna O Mexillón, onde se celebraba a presentación do libro-disco de Alba María, "A regueifa en Bergantiños”. Un acto enmarcado no programa #Enregueífate, do Servizo de Normalización que dirixe Nel Barral. Festa, risas e retranca uníronse para esta emotiva cita de recuperación patrimonial. As dúas regueifeiras rimaron canto quixeron e fixeron rir a todos os asistentes, e mesmo se arrincou un dos alumnos dos obradoiros que está desenvolvendo Lupe no Couto, Javier, a pelexar a base de coplas. Houbo tempo ademais para recuperar aqueles nomes que fixeron grande a regueifa bergantiñá durante moitas décadas, e que hoxe recuperan estas dúas bravas. Alba Maria presentando o seu libro disco Regueifa en Bergantinos Alba Maria presentando o seu libro disco Regueifa en Bergantinos https://www.facebook.com/CulturaCarballo/videos/1534825996639019/

Novas relacionadas

Máis novas regueifeiras

Fonte

Comentarios