Martes. 15.10.2024
El tiempo

Ruth Matilda Anderson: Como era a Costa no 1924?

Ruth Matilda Anderson: Como era a Costa no 1924?
Imaxe das leiteiras polo Monte Pindo da viaxe Ruth Matilda Anderson pola Costa da Morte en 1924 Imaxe das leiteiras polo Monte Pindo da viaxe Ruth Matilda Anderson pola Costa da Morte en 1924 Documentos gráficos sobre aquelas datas da Costa da Morte son difíciles de atopar a día de hoxe. Habería que recuperar o arquivo de Ramón Caamaño para disfrutar da nosa indiosincrasia. Estes meses na Coruña temos a posibilidade de disfrutar dunha exposición fotográfica onde os protagonistas somos nós, ou máis ben, a nosa historia. Unha exposición realizada por unha estadounidense, que aló polo primeiro cuarto de século, adesntrouse nas entrañas da Galicia profunda. Dende o seu obxectivo, lugares dende Tui, a Ribadeo pasando por Fisterra, foron cazados, e hoxe podémolos disfrutar na exposición da Fundación Caixa Galicia “Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano". Moza da Costa da Morte retratada por Ruth Matilda Anderson-Fonte-Historiadegalicia Moza da Costa da Morte retratada por Ruth Matilda Anderson-Fonte-Historiadegalicia Unha exposición na que a Costa da Morte ten un protagonismo relevante. Ademais ben interesante xa que podemos ollar como nos fumos cargando os nosos tesouros etnográficos, dos que hoxe en día apenas quedan restos. As casas mariñeiras de Fisterra ou Muxía; os secadoiros de congros (só sobrevive un); as fábricas de salazón (reconvertidas en edificios de formigón)... e así unha infinidade de tesouros perdidos. As escenas costumistas, que para nós serían habituais e evidentes, son captadas dende a allea visión da etnógrafa. Imaxes de mercados, escenas caseiras, vistas panorámicas... Un exemplo o temos nesta foto, onde atopamos ás leiteiras regresando a Carnota un 5 de novembro de 1924, nunha imaxe do arquivo da Hispani Society of America. Imaxe da Coruña da viaxe Ruth Matilda Anderson por Galicia en 1924 Imaxe da Coruña da viaxe Ruth Matilda Anderson por Galicia en 1924

Datos da exposición

Pódese ver a exposición nas Salas de exposiciones da Sede Fundación Caixa Galicia na Coruña, nos Cantóns. A exposición estará aberta ata o 28 de febreiro do 2010.

Horario

  • De Luns a venres: 12:00h. a 14:00h. e 16:00h. a 21:00h.
  • Sábados, domingos e festivos: 12:00h. a 21:00 h.
Ademais hai visitas guiadas para público en xeral: luns, mércores e venres ás 18:30h.
Para grupos, concertar cita en el 981 185 060.

Máis información

Fonte

Comentarios