sábado. 15.03.2025
El tiempo

Santa Comba prepara a súa doble sesión de entroido gracias á mocidade

Santa Comba prepara a súa doble sesión de entroido gracias á mocidade
Entroido Santa Comba 2017

Este ano o Entroido de Santa Comba chega por partida doble. Serán dúas xornadas de diversión para todos os públicos as que sirvan para ampliar a oferta cultural e de ocio. Ademais da típica cita dominical no Recinto Feiral, a principal novidade deste 2017 será a celebración dun baile de entroido para adultos para a tarde do sábado 25 de febreiro, que contará con animación musical e moitos premios. Unha cita na que colabora actividamente a mocidade da bisbarra, a través da recén creada Asociación Intercultural Arte-Sáns da Cultura.

A cita do sábado terá lugar na Vivenda Comunitaria a partir das 19:00h da tarde, e consistirá no tradicional baile de disfraces, acompañado polo concurso e premios económicos para os mellores disfraces, contando ademais con animación musical. Unha magnífica opción para a tarde-noite do sábado de Entroido.
A xente interesada en participar no concurso pode anotarse con anterioridade á data pode facelo na OMIX de Santa Comba, senón o mesmo día durante o baile, ata as 21:30h. Ás 22:00h comezará o Concurso.

Domingo de entroido

O domingo 26 continuará a diversión. Neste caso dirixido a un público máis infantil, xuvenil e familiar. O Recinto Feiral, a partir das 16:00h, acollerá a gran festa de Entroido, con inchables, obradoiros, xogos tradicionais, animación musical e, por suposto, concurso de Disfraces con premios para os mellores con diferentes aparatos electrónicos e vales de compra.

Nesta xornada tamén terá lugar o 1º Concurso de Postres de Entroido, aberto á participación de tódolos veciños e veciñas de Santa Comba.

Entroido Santa Comba 2017

Novas relacionadas

Axenda de Entroido Fonte  

Comentarios