QPC sortea entradas para o concerto responsable de Jabon Blue na Capitol
21:00 16/02/11

Este vindeiro xoves 24 de febreiro, a Sala Capitol, en Santiago de Compostela, acolle un concerto moi especial. Será a banda herdeira Jabón Blue a que presente a nova campaña que está a desenvolver por unha condución resposable. E dende Quepasanacosta, gracias á colaboración co selo Pai-Música, regalamos 12 entradas para asistir.
A banda ribeirense publicaba o disco "Flores en la carretera". Un disco adicado a todos aqueles que perderon a vida en accidentes de coche nas estradas do país, e concretamente nas vías rápidas da zona da Barbanza.
Dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia propuxéronlle á banda protagonizar a campaña 2011 'LIBRE. Libre de alcol, libre de preocupacións', para intentar fomentar a condución responsable entre a mocidade barbancesa e de todo o país.
Concerto e presentación da Campaña
O concerto servirá para presentar o novo vídeoclip do tema que pon título ao disco. Un videoclip no participaron ducias de veciños da zona de Corrubedo, e que está protagonizado por Manuel Manquiña e Susana Rodríguez Sampedro. Precisamente será o gran Maquiña o que faga de presentador, un aliciente máis para que nos fagades chegar ás vosas peticións ao facebook de Quepasanacosta. E ollo, que aínda non conseguimos traelos á Costa da Morte, pero a través do facebook xa hai un grupo baixo o lema Queremos que Jabón Blue toque nas festas da Costa da Morte ( en todas xD).Participa no sorteo de 12 entradas
Entra no noso Facebook (www.facebook.com/quepasanacosta), participa na nosa Promoción e entra no sorteo de 12 entradas. O vindeiro martes 22 faremos o sorteo para que pasedes a buscalas pola delegación de Quepasanacosta en Corcubión ou ben para enviárvolas fugazmente a Compostela.Vídeo de Jabon Blue
Máis información
- Pai-Música: Concerto de presentación do videoclip de JabonBlue da campaña LIBRE da Xunta de Galicia.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).