Talía Teatro estrea novo espectáculo
11:27 18/12/10
Onte presentaban en sociedade na Casa de Cultura do Milladoiro o seu novo espectáculo. I é que estes artistas da Costa da Morte non paran e se estreaban Volpone hai apenas uns meses, xa teñen en marcha o seu último espectáculo ´Carta urxente para Máximo Toxo´. E por se fóra pouco teñen tempo para participar nas Galas Solidarias con Palestina que pasou por Cee.
Precisamente a Casa da Cultura de Milladoiro acolle este domingo 19 de decembro ás 17 h. a estrea da obra.
“Carta urxente para Máximo Toxo”
Trátase dun espectáculo infantil escrito e dirixido por Diego Rey. É unha comedia infantil e acrobática para ver en familia, chea de saltos, golpes, viravoltas, gritos, parvadas e trangalladas que fai unha reflexión sobre a soidade e os seus perigos. Marta Ríos e Dani Trillo son os protagonistas.Máis información
Novas relacionadas
- Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas.
- Talía Teatro estrea un novo espectáculo en Compostela e na Costa: Volpone.
- Entrevista con Sara Casasnovas: Sara Casasnovas: “A Costa da Morte é pra min a Costa da vida, o meu refuxio”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).