Mércores. 24.04.2024
El tiempo

The Rapants saen de Xira Capital: “As frases pegadizas e os bailes esperpénticos son o noso sello de identidade”

The Rapants saen de Xira Capital: “As frases pegadizas e os bailes esperpénticos son o noso sello de identidade”

Concerto de The Rapants na casa Concerto de The Rapants na casa Cartel de The Rapants en Sonar Santiago Falabamos hai apenas unha semana con Deleiba, pero é que en Muros pegas unha patada a unha pedra e sae unha banda. E de calidade. Hoxe tócanos falar dos The Rapants, banda de surf garaxeiro, nada o pasado ano, e que xa sae de xira. Veñen de dar dous concertazos en Muros e Louro, e quedan con máis gañas de presentar o seu primeiro traballo, gravado da man de Teen Records. Por iso xa teñen armada unha xira polas capitais: o 31 de xaneiro na Sala Sonar en Santiago de Compostela e o 8 de febreiro en Madrid na Sala Republik, da mesma Gran Vía. Falamos con eles para coñecelos mellor, non sen antes ver unha das mostras máis suaviñas que se lle coñecen:

 

  • QPC: Quen formades Tha Rapants?

Samuel Gonzalez Fernandez “Rapante”. O nome da banda ten o seu orixe nunha simpática historia na que él é o protagonista. Natural de Baño, guitarrista solista, é o mago dos riffs sesenteros, un pilar imprescindible no conxunto. Xaquín Martínez Maceiras: O madrileño, e o cerebro do grupo, toca de todo e faino ben. Os seus coñecementos de son e producción musical dan vida a banda. Actualmente compaxina esto con outros proxectos musicais en Madrid e outros audiovisuais en RTVE. Matías Romero Santiago: Procedente do alto de Muros, virtuoso da fotografía é o encargado da producción. A esto súmanse a súa orixinalidade e as suas ganas de liala nos directos. “Si mati está contento THE RAPANTS están contentos”. Xanma Louro Piñeiro: él é de Louro. Un chaval tranquilo… menos cando se sube a un escenario. O creador desa lírica pegadiza que acompaña e lle aporta tanta frescura os temas. Sen duda o que leva a batuta no grupo. The Rapants en Muros The Rapants en Muros  

  • QPC: Como nace The Rapants e que significa?

Tras coincidir de rapaces en diferentes bandas, Samuel (Rapante) e Xanma decidiron volver a tocar xuntos. A inspiración fixo o resto e pronto se converteu nunha necesidade tras a chegada de Matías (baixista) e de Xaquín (batería).  

  • QPC: Que tipo de música facedes? Cales son os vosos referentes tanto a nivel internacional, nacional e galego?

Dentro dun contexto no que actualmente triunfa outro tipo de música tratamos facer algo un pouco diferentea ao que se ve por aquí, denominámolo como un estilo “Surf Indie garage fiestero playero” onde as frases pegadizas e os bailes esperpénticos son o noso sello de identidade. Influencias locais como Terbutalina ou Novedades Carminha e internacionais (The Orwels, Fidlar, Skegss, Arctic Monkeys,…) deixanse ver nos nosos primeiros traballos, que contan con temas en galego e castelán. Un estilo de musica que é inconcebible sin o bo rollo, a festa e a birra.  

  • QPC: Que pasa en Muros para que haia tantísimas bandas en marcha?

É moi bo que siga habendo ese interese por seguir facendo música dentro da vila. Penso que todos os grupos actualmente estamos cumprindo os obxectivos que nos imos propoñendo, hai moitas ganas de traballar e iso é o mais importante para seguir medrando. Mérito de este auxe téñeno espazos coma a Escola Municipal de Música onde case todos os que estamos agora metidos neste mundillo pasamos hai anos para adquirir certa base musical. E logo está a Sala Nasmo que é o seo de todos os proxectos musicais que están en marcha agora mesmo. A labor que cumpre neste caso Juan Da Nasmo foi e segue sendo vital para que as bandas quiran seguir sacando traballos e que estes den a recompensa a tantos anos de sacrificio. É unha persoa que ten o respeto de todos os que aquí disfrutamos deste arte. O Castelo Rock é para nos un orgullo, o poder ter un festival desas magnitudes no noso pobo. Neste caso dous dos membros do grupo pertencemos a directiva, e bueno todo o que sexa apoiar a todo este tipos de eventos e poder crecer rodeados de música resulta enriquecedor para todos.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-bandas-muradas-lisdexia-e-the-rapants-graduanse-con-teen-records  

Máis novas musiqueiras

Comentarios