Venres. 19.04.2024
El tiempo

Todo pode pasar no Entroido de Carballo

Todo pode pasar no Entroido de Carballo
Larpeiros Bus no Entroido de Carballo

Impresionante o Domingo de Entroido carballés onde todo é posible. Enchéronse as rúas de festa, risas e bo ambiente para celebrar un dos entroidos máis numerosos da volta. E víuse de todo, dende un exército alieníxena invandido as rúas, ata unha Virxe da Barca en minisaia ou unha ovella (de verdade) deambulando polo centro da vila.
Víronse tamén aos Simpson, a Asterix e Obelix, mesmo aos Tonechos, nun compendio de imaxinación e orixinalidade.

O tempo deu unha tregua e os Concursos de comparsas, disfraces e carrozas repartiron máis de 6000€ en premios, dos que levou unha parte a carroza Las Vegas, chegada de Cambre e que gañou o certame.

O concurso de comparsas recaeu no grupo carballés de I Love Ney York, cunha estampa tipicamente norteamericana.

Las Vegas en Carballo Unha capela no Entroido de Carballo Os Simpsons no Entroido de Carballo De epoca no Entroido de Carballo De armas tomar no Entroido de Carballo

Fonte e Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios