Últimos días para presentar o artigo normalizador dos premios carballeses

O prazo de presentación de traballos para participar no VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012 chega á súa fin. O último día para entregar traballos é o luns 9 de abril. Un premio que consta de de 1.000 euros e a difusión do artigo gañador nos 11 medios de comunicación que colaboramos co certame, entre eles QPC, ademais dos A Nosa Costa, De Luns a Venres, Diario de Bergantiños, El Periódico de Carballo, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Sermos Galiza e Tempos Novos.

O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con varios medios de comunicación, convocou por oitavo ano consecutivo o Premio a artigos xornalísticos normalizadores. Un xeito de vitaminar o galego cun certame xa consolidado que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso e prestixio do idioma galego e promover o uso do galego na prensa, como pretende a campaña Vitaminas para o galego.

Presentación

Poden presentar os seus artigos no Pazo da Cultura (até as 14.00h do 9 de abril) ou en calquera oficina de Correos (até a hora de peche da correspondente oficina). No caso dos artigos enviados por correo, tense en conta a data do selo de entrega, e non a data de recepción.

As bases completas do premio poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo (www.carballo.org). Tamén se pode obter máis información no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico normalizador@carballo.org.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.