Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os Concellos xa poden solicitar as axudas para a dinamización da lingua galega

Os Concellos xa poden solicitar as axudas para a dinamización da lingua galega
Rede Dinamizacion Linguistica Secretaria Xeral Politica Linguistica da Xunta de Galicia

Vén a abrir a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a convocatoria de subvencións para promover o uso do galego desde o ámbito municipal. Unha axudas que servirían para que os Concellos poidan manter os Servizos de Normalización Lingüística, tan denostados nos últimos tempos.

Na bisbarra están a funcionar colectivamente o grupo de SNL de Carballo, Malpica, Ponteceso e Zas, pero o resto de concellos apenas traballan nesta liña.

Detalles

Os municipios que xa colaboran coa Xunta nesta tarefa a través da Rede de Dinamización Lingüística terán prioridade na concesión das axudas. Ademais esta convocatoria de axudas está prantexada para os concellos ou agrupacións de concellos de 3.000 ou máis habitante

O prazo de solicitude está aberto desde mañá ata o 4 de febreiro e non ata o 5 do vindeiro mes.

A orde consta de catro modalidades de axuda. A primeira e a segunda están dirixidas a crear un servizo lingüístico a través da contratación de persoal técnico, nun caso para un concello e no outro para un agrupamento de concellos. As entidades locais que xa teñan un servizo lingüístico en funcionamento e queiran mantelo (dotándoo de continuidade) ou reforzalo (contratando máis persoal técnico), poden solicitar a terceira modalidade.
Estas tres modalidades de axuda inclúen a planificación e o desenvolvemento de actividades de dinamización lingüística, xa que son funcións derivadas da prestación dos servizos lingüísticos. Para aqueles concellos que, malia non contaren con servizo lingüístico, tamén levan a cabo programas de dinamización do uso do galego, a convocatoria inclúe unha cuarta modalidade de subvención.

A orde de axudas está dotada cunha contía de 520.000 euros. Poderán ser obxecto de subvención as actividades realizadas entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 15 de outubro de 2012. Polo tanto, como xa adiantara a secretaría xeral, esta nova convocatoria permite tamén a imputación do gasto de 2011, por mor da anulación da orde de axudas publicada o 4 de marzo de 2011. O prazo de solicitude está aberto desde mañá ata o 5 de febreiro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios