Máis de 100 mecenas polo galego nos medios de comunicación

Non para. Segue en marcha a campaña "Vitaminas para o galego" e segue cumprindo cos seus obxectivos. A iniciativa pretende sensibilizar á poboación acerca da importancia dos “mass media” no idioma propio de Galicia, se queremos garantir a súa transmisión interxeneracional. Asimesmo quere recaudar apoios económicos para estes medios, labor que continua ata finais deste mes de xaneiro.
A dia de hoxe logrou xa 120 micromecenas que aportaron 4490 euros, pero quedan aínda 17 dias para continuar coa iniciativa a través da páxina de verkami para seguir apoiando a causa con pequenas aportacións económicas a cambio das recompensas prantexadas na campaña: calendarios, chapas e paraugas de "Vitaminas para o galego".
17 cabeceiras
Os organizadores son a rede de emisoras municipais galegas Radiofusión, Tempos Novos, Que Pasa na Costa, Galicia Confidencial (GC), Novas da Galiza, Val Miñor.Info e Praza Pública.
Tamén colaboran na campaña Terracha Xa, Crónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras e Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia.
Ademais, nas últimas datas uníronse ao proxecto novos medios Radio Nordés (Cadena Ser), Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf www.surfgz.com, así como Cadernos de Comunicación e Analise, "Hermes e Atenea" (xornal en galego de deporte e cultura) e Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia.
Os mecenas
Aquí traemos os primeiros 60 mecenas que aportaron xa vitaminas para o galego, dos que por certo, apenas podemos ollar media ducia da Costa da Morte...:
- Aldegunde Alvarez, Ovidio (Mugardos).
- Arias Rei, María Xesús (Fene).
- Barbeira, Chus (Vimianzo).
- Barrufet, Pere (Barcelona).
- Blanco Para, Adrian (Santiago de Compostela).
- Brocos Fernández, Maria Pilar (Santiago de Compostela).
- Calvo Pita, Jesus (As Pontes).
- Carballido Presas, Xose (Ourense).
- Cea, Socorro (Melide).
- Colectivo cultural Buril (Burela).
- Costas, Henrique (Vigo).
- Cuba, Judit (Santiago de Compostela).
- Estevez López, José (Lugo).
- Farinós López, Xosé Ramón (Muros).
- Garaloces, Javier (Vigo).
- García Vázquez, Loreto (Santiago de Compostela).
- González Torre, Xabier (Vigo).
- González-Manso, Xosé Maria (A Coruña).
- Libraría Aira das Letras (Allariz).
- Lopez Perez, Lucia Flora (A Guarda).
- Lorenzo Penela, Francisco Xavier (Ames).
- Louzao Outeiro, Miguel (Santiago de Compostela).
- Mariño, Xurxo (A Coruña).
- Meira Cabanelas, Tomé (Barcelona).
- Melendez Alonso, Marcos (Ramirás).
- Moroño, Elvira (Ourense).
- Mosquera Carregal, Xesus M. (Melide).
- Orge, Silvia (Soutomaior).
- Patas de peixe, editora (Vigo).
- Pérez Castreje, Manuel J. (Quenxe. Corcubión).
- Pérez Lijó, Joao Manuel (Santiago de Compostela).
- Piñeiro Diaz, Ildefonso (Chantada).
- Portela Barreiro, Margarita (Teo).
- Prado Ocampo, Antela (5 anos) (Ourense).
- Raña Lama, Paz (Vigo).
- Reimondez, Maria (Vigo).
- Rial Pérez, Xosé (Combarro. Poio).
- Rivas Alvarez, Manuel (Sarria).
- Rodriguez Otero, Begoña (Vigo).
- Rodriguez Rodriguez, Anair (Gondomar).
- Rubio, Suso (Valadouro).
- Salgueiro Salgueiro, Rosa (Santiago de Compostela).
- Senra Gómez, Oscar (Santiago de Compostela).
- Sistemas de Enxeñeria Ambiental (Moaña).
- Sonitiña (Cee).
- Tabernero, Antón (Calo-Teo).
- Torre Martins, Xesus Manuel da Vigo).
- Trillo Gonzalez, Ledicia (Fene).
- Valcarcel Rodriguez, Manuel María (Barcelona).
- Vila López, Mario (Dozón).
- Vilela Lopez, Bruno (Santiago de Compostela).
O resto de mecenas faranse públicos o vindeiro día 30 de xaneiro, cando remate a campaña de microcrowdfunding a través da plataforma catalana Verkami, recentemente traducida ao galego polo equipo de QPC.
Máis información
- Verkami: Campaña de mecezagno para Vitaminas para o galego.
- vitaminasparaogalego.gl.
- Facebook: Vitaminas para o galego.
- Twitter: Vitaminasgalego.
Novas relacionadas
- A campaña a prol dos medios en galego supera as expectativas de recadación e amplia cabeceiras.
- Os Concellos xa poden solicitar as axudas para a dinamización da lingua galega.
- Convírtete nun mecenas dos medios en galego.
- QPC e outros medios do país presentan a campaña “Vitaminas para o Galego”.
- Os colaboradores de QPC tomaron a palabra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).