Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Un concurso para atopar as 7 marabillas Arquitectónicas da Costa da Morte

Un concurso para atopar as 7 marabillas Arquitectónicas da Costa da Morte
Bazarra busca as 7 marabillas arquitectonicas da Costa da Morte

Fantástica iniciativa da Estación de Servizo Bazarra a través das súas redes sociais e da súa web.

Propóñennos que entre todos amosemos cales son as 7 marabillas arquitectónicas da Costa da Morte. I é que paraxes naturais temos abondos (xa virán con eles…) pero edificios emblemáticos tamén, e por iso, nos propoñen a todos os veciños da bisbarra e de fóra que votemos polos edificios máis significativos. Faros, hórreos, concellos, casas señoriais, castelos, castros, dólmenes... Ningunha época escápase á vida da nosa Costa da Morte.

O procedemento é sinxelo, a través da rede. A primeira fase do concurso seremos os internautas os que fagamos propostas, enviando as propostas a [email protected], ou a través do seu ou o twitter @ESBazarra. Seleccionaranse un total de 14 propostas que pasarán á 2ª Fase. Aí, seremos nós de novo os que votemos a través do Facebook cales son os nosos favoritos, tendo en conta que todos os participen enterarán nun sorteo de vales de desconto de combustible.

Así que xa estades enviando propostas!!

Máis información

Comentarios