Un concurso para enfocar ben Santa Comba

08:03 06/04/17


Un novo concurso de fotografía o que propón o Concello de Santa Comba no marco do programa Primavera Cultural. Por segundo ano, este “Enfocando Santa Comba” busca as imaxes máis singulares do territorio xalleiro, co obxectivo de promocionar os recursos naturais e histórico-culturais do concello.
O tema principal será “Santa Comba” en si mesma. Premiarán aquelas miradas que consigan destacar aquees aspectos máis reseñables da identidade municipal, para seguir aumentando o arquivo fotográfico municipal.
Hai dúas categorías:
- Fotografía: 150€ levará o 1º premio; 75€ o 2º e 50º o 3º;
- Reportaxe (entre 8 e 10 fotos), con 200€ para un único premio.
O prazo de presentación remata o 8 de maio