Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un premio MAX para os Pelos na Ligua de Talía Teatro

Un premio MAX para os Pelos na Ligua de Talía Teatro

Non paran. Xa recolleron o María Casares e este trío de ases seguen colleitando premios e parabéns pola súa obra 'Pelos na Lingua', de Talía Teatro. Desta volta recolleron un nada menos que na gala de entrega dos Premios Max das Artes Escénicas que se entregaron no Circo Price de Madrid.
Artur Trillo, María Ordóñez e Avelino González levaron o premio ao Mellor autor teatral en lingua galega.

Este é o por que do premio segundo o propio xurado:

Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos): aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non o galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo, aos que pensan que debería ser o inglés o idioma que falase todo o mundo, aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán, aos que pensan que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros, todos e todas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios