Martes. 17.09.2024
El tiempo

Un verán de actividades e festas en Santa Comba

Un verán de actividades e festas en Santa Comba
Veran Ludico Santa Comba

Chégannos varias propostas dende o Concello de Santa Comba para pasar un verán ben divertido. E ademais das festas, das que agora damos conta, o verán ten tamén cabida para os máis peques.

O Concello vén de presentar o programa Verán Lúdico, dirixido a nenos de infantil e primeira de nais e pais traballadores. Comezará a segunda semana de xullo e rematará co inicio das clases de setembro, en horario de 8:30 a 14:30. Ten prazas limitadas e para anotarse hai que facelo no CIM, na Vivenda Comunitaria, do 23 ao 27 de xuño.

O concello de Santa Comba pon en marcha o programa de actividades do “Verán 2014” que arranca esta fin de semana coa “Festa Celta” que se desenvolve na contorna da Casa do Pozo. Os actos comezarán ó mediodía, coa apertura dunha feira e unha exposición de artesanía (12,00h). Durante o serán haberá unha actuación da escola municipal de teatro (infantil-xuvenil 19,00h), un espectáculo de cetrería (10,30), performance poética (21.00) e a actuación da escola de música tradicional (23:00). No marco da “Festa Celta” tamén terá lugar unha degustación de “carne a grella” do Xallas(20:00). A partires das 24:00h terá lugar “unha noite de lume e meigas” con desfile de fachos, animación de rúa a cargo de Troula animación e o Mago Queimán, espectáculo de lume, conxuro da queimada,etc... Este mesmo mes de xuño. Tamén se celebrará un Torneo de Pádel(Inscricións no 981103034), e a actuación no Campo da Feira do Mago Xacobe (o 29 de xaneiro día de San Pedro as 19:30h). Para o mes de xullo o concello organiza unha ruta fotográfica(10 de xullo), un campamento multideportivo(segunda quincena) e unha noite de rock coa actuación dos grupos Grand Soul Tribute Band e The Cerne(Campo da feira 26 de xullo). Tamén no mesmo lugar se desenvolverá ao día seguinte, unha “Xornada Máxica) cunha ludoteca de xogos xigantes e a actuación de Chrystian Magic. Para o mes de agosto o concello de Santa Comba ten programadas máis actividades como unha saída ao AquaPark(Día 13), campamento urbano de inglés(Do 4 ao 14), campamento xuvenil en Boiro, ou a ruta xuvenil “Camiño dos Faros”(22 de agosto). Este mes rematará cunha proba do Campionato galego de autocross(30 de agosto)e o XIII Día da Bicicleta(31). Tamén se organiza un curso oficial de monitor de tempo libre, un obradoiro municipal de radio e unha xornadas interculturais Galicia-Ucrania

Festa Celta de Santa Comba

Festa Celta Santa Comba 2014 O éxito destes anos de organización da Festa Celta de Santa Comba obrigan a armar un programa cada vez máis intenso. Unha das festas históricas da zona encherá a noite deste sábado 21 de xuño de lume e meigas. Haberá de todo pois dende ben cedo pola mañá teremos aberta a Feira de Artesanía, con postos do selo oficial Artesanía de Galicia e artesáns da comarca ademais dunha exposición no Museo Terra do Xallas.

Festa de San Pedro

Festas-de-San-Pedro-de-Santa-Comba-2014 Menuda verbena a do martes 1 de xullo nas Festas de San Pedro de Santa Comba 2014. París de Noia e Panorama en acción pola Virxe do Carme!! Pero antes, dous días de boa troula, cun sábado 29 de xuño coa Fian Blanco Show e un domingo 30 con Aramio e Combo Dominicano.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios